Viño Tinto Rioja Comportillo, no lineal de Mercadona

Mercadona reforza o sabor e o corpo dos seus viños tintos Rioja Arteso e Comportillo

17 de decembro de 2021
  • Tanto o Colleita e Crianza Comportillo, como o Reserva e Crianza Arteso reformulan a súa receita.
  • O Provedor Totaler Bodegas Ontañón é o responsable de elaborar estes caldos nos seus viñedos situados en La Rioja.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, dentro da súa campaña de Nadal “O mellor para dar o mellor” -onde selecciona unha serie de produtos para que os “Xefes” (clientes) ofrezan aos seus durante estas datas-, reforzou a calidade dos seus viños tintos Rioja Arteso e Comportillo.  Ambos os dous caldos, elaborados polo Provedor Totaler Bodegas Ontañón nos seus viñedos situados en La Rioja, contan coa súa correspondente Denominación de Orixe. O sabor, a acidez e o corpo foron os tres tributos principais mellorados tanto no Colleita e Crianza Comportillo de Mercadona, como no  Reserva e Crianza Arteso de Mercadona.

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Viño Tinto Rioja Comportillo, no lineal de MercadonaViño Tinto Rioja Comportillo, no lineal de Mercadona.

Viño Tinto Rioja Arteso, no lineal de MercadonaViño Tinto Rioja Arteso, no lineal de Mercadona.