AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Mercadona recibe o Premio Empresa do Ano

Mercadona recibe o Premio de Empresa do Ano de FEDECOM

08 de outubro de 2019
  • Mercadona estendeu este ano a súa actividade a Portugal coa apertura das primeiras tendas da cadea e iniciou así un proxecto de internacionalización no que investiu máis de 260 millóns de euros.

A Federación de Cámaras Oficiais de Comercio de España en Europa, África, Asia e Oceanía (FEDECOM) entregou o 7 de outubro en Lisboa o seu Premio de Empresa do Ano a Mercadona. Con este recoñecemento, FEDECOM distingue cada ano unha empresa española que destaque pola súa actividade comercial e económica nun dos países membros da Federación.

A cerimonia de entrega do premio tivo lugar na Sala do Arquivo da Câmara Municipal de Lisboa e contou coa presenza dos presidentes das principais asociacións empresariais de Portugal así como o Conselleiro Económico e Comercial da Embaixada de España en Portugal, Pedro Moriyon. O premio foi entregado polo Sr. Eurico Brilhante Dias, Secretario de Estado de Internacionalización de Portugal e, por parte de Mercadona, recolleu o premio Elena Aldana, Directora de Relacións Externas en Portugal e Asuntos Europeos.

Mercadona cerrou o exercicio de 2018 con 1.636 tendas, 85.800 empregados en España, unha facturación de 24.305 millóns de euros e un investimento de 1.504 millóns de euros. Ademais ten un impacto económico na economía española equivalente ao 1,9% do PIB e é responsable de 630.000 postos de traballo directos e indirectos.

En xullo de 2019 a empresa abriu os seus primeiros supermercados en Portugal, o que supuxo a apertura ao exterior da cadea de supermercados, o seu primeiro proxecto de internacionalización. A empresa emprega xa a 1.100 traballadores portugueses. A día de hoxe, a empresa conta con 5 tendas abertas, das 10 previstas para 2019. A apertura das tendas, as oficinas en Porto e Lisboa, o Bloque Loxístico en Póvoa de Varzim e o Centro de Coinnovación en Matosinhos, supoñen un investimento global aproximado de 260 millóns de euros, dende que en 2016 anunciara a súa entrada no país luso.

“Os investimentos son o reflexo da confianza depositada na nosa economía. Contribúen á creación de emprego e promoven  tamén a cohesión territorial. España e Portugal son socios importantes e sentímonos honrados de ser o país elixido por Mercadona no seu primeiro proceso de internacionalización", dixo Eurico Brilhante Dias, Secretario de Estado de Internacionalización de Portugal, e especifica que a internacionalización de Mercadona "poderá potenciar a introdución de novos produtos portugueses e españois nos dous mercados, o que permite maiores transaccións de bens, promove a competitividade e fomenta o comercio entre os dous países".

Eduardo Barrachina, presidente de FEDECOM, afirmou: “Nun mundo marcado por incertezas políticas, económicas e sociais a expansión internacional de Mercadona convértese nun claro referente que reflicte a capacidade de adaptación das nosas empresas".

Pola súa parte, Elena Aldana, Directora de Relacións Externas de Portugal e Asuntos Europeos, comentou: "Agradecemos a FEDECOM o recoñecemento outorgado a Mercadona nun ano tan importante coma este, no que a empresa puxo en marcha o seu primeiro proxecto de internacionalización. Este premio resulta do esforzo conxunto de todos os que formamos Mercadona. Só así se consegue crear unha gran empresa cun gran Modelo, tal e como é Mercadona."      

A Federación de Cámaras Oficiais de Comercio de España en Europa, África, Asia e Oceanía (FEDECOM) é unha asociación internacional sen ánimo de lucro que, creada no ano 1996, reúne as 20 Cámaras Oficiais de Comercio de España, recoñecidas pola Administración española e establecidas en Europa, África, Asia e Oceanía.

O evento conta ademais co apoio da Cámara de Comercio e Industria Luso Española (CCILE).

Elena Aldana, Directora de Relacións Externas de Portugal e Asuntos EuropeosElena Aldana, Directora de Relacións Externas de Portugal e Asuntos Europeos.

Imaxe de cabeceira: Eduardo Barrachina, presidente de FEDECOM, Elena Aldana, Directora de Relacións Externas de Portugal e Asuntos Europeos, e Eurico Brilhante Dias, Secretario de Estado de Internacionalización.