Sandía de orixe España en Mercadona

Mercadona prevé comprar máis de 97.500 toneladas de sandía orixe española este ano

12 de agosto de 2021
  • Esta froita é rica en vitaminas A, B6 e C, minerais e fibra, ademais de en antioxidantes, e pódese adquirir tanto enteira como en metades.
  • A cadea aposta pola froita e verdura de proximidade, polo que compra sandía a 22 provedores distintos con campos en Andalucía, Región de Murcia, Comunitat Valenciana, Castilla-La Mancha e Canarias.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar máis de 97.500 toneladas de sandía de orixe España nesta tempada, que finaliza o próximo mes de outubro.

A cadea adquire esta froita rica en vitaminas A, B6 e C, minerais e fibra, ademais de en antioxidantes, a 22 provedores distintos cuxos campos se sitúan en Andalucía, Comunitat Valenciana, Región de Murcia, Castilla-La Mancha e Canarias.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Sandía de orixe España, no lineal de MercadonaSandía de orixe España, no lineal de Mercadona.

Sandía de Mercadona no campoSandía no campo.