Caqui de orixe España no lineal de Mercadona

Mercadona prevé comprar máis de 7.000 toneladas de caqui de orixe española, un 15 % máis que en 2019

26 de novembro de 2020
  • O caqui está dispoñible en toda a cadea durante a campaña, que vai de outubro ata mediados de xaneiro.
  • Anecoop (València) é o provedor totaler deste froito, quen colabora coas cooperativas de L’Alcudia, de Carlet e de Llombai, para abastecer a compañía.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar aproximadamente 7.000 toneladas de caqui de orixe nacional en 2020, un 10 % máis que en 2019, cando a compañía comprou arredor de 6.000 toneladas.

Para abastecer deste produto ás máis de 1.600 tendas, a compañía colabora coa cooperativa valenciana de segundo grao Anecoop, quen subministra a través da Cooperativa Nuestra Señora del Oreto de L’Alcudia, a Cooperativa San Bernat de Carlet e a Cooperativa del Marquesado de Llombai, este froito durante a campaña, que vai de outubro ata mediados de xaneiro.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Caqui de orixe España no lineal de MercadonaCaqui de orixe España, no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate