Campaña melón Mercadona

Mercadona prevé comprar máis de 60.000 toneladas de melón de orixe nacional

18 de agosto de 2021
  • A campaña de proximidade do melón pel de sapo vai de maio ata principios de outubro.
  • A compañía aposta pola froita e verdura de proximidade e colabora con máis de 15 provedores locais, cuxos campos se sitúan en Andalucía, Región de Murcia, Comunitat Valenciana, Castilla-La Mancha e Comunidad de Madrid.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar máis de 60.000 toneladas de melón pel de sapo de orixe nacional nesta tempada, que vai de maio ata principios de outubro.

Mercadona ofrece esta froita nas súas máis de 1.600 tendas, grazas á colaboración con aproximadamente 15 provedores locais, cuxos campos se sitúan en Andalucía, Región de Murcia, Comunitat Valenciana, Castilla-La Mancha e Comunidad de Madrid.

Melón no lineal de MercadonaMelón pel de sapo de orixe nacional, no lineal de Mercadona.

Melón no campo MercadonaMelón pel de sapo no campo.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.