Inicio campaña cebola nacional en Mercadona

Mercadona prevé comprar 85.000 toneladas de cebolas de orixe nacional para a campaña de 2020, un 6 % máis que en 2019

18 de xuño de 2020
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía aposta polas cebolas cultivadas en Andalucía, Región de Murcia, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Illes Balears, Comunitat Valenciana, Navarra, Galicia e Canarias, para a campaña que vai de maio a marzo, aproximadamente.
  • A compañía comprou aproximadamente 80.000 toneladas de cebolas en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar aproximadamente 85.000 toneladas de cebolas de orixe nacional para a campaña de 2020, que vai de maio a marzo, aproximadamente. Trátase dun 6 % máis que en 2019, cando a compañía comprou, aproximadamente, 80.000 toneladas. 

A compañía colabora durante todo o ano con 20 provedores locais como Tara, Duart Blay, Marchite, Agorreta, Constantino, Corell, Navarro Darder, Cladera, Cebollas Consuay ou Allium Zona, cuxos campos se sitúan en Andalucía, Región de Murcia, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Illes Balears, Comunitat Valenciana, Navarra, Galicia e Canarias.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Cebolas dispoñibles na sección Froita e Verdura de MercadonaCebolas dispoñibles na sección Froita e Verdura de Mercadona.

Cebolas de Mercadona no campoCebolas de Mercadona no campo.

Logo EActiVate