Campaña nacional de cítricos de orixe España en Mercadona

Mercadona prevé comprar 200.000 toneladas de laranxas e mandarinas de orixe España

07 de novembro de 2022
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía prevé comprar durante a campaña nacional 2022-23 arredor de 220.000 t de laranxas, mandarinas, limóns e pomelos producidos na Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias.
  • Mercadona comezou a campaña de cítricos españois a primeira semana de outubro coa mandarina Oronules e seguiu incorporando progresivamente distintas variedades, como os limóns, pomelos e laranxas de orixe España, que se empezarán a ofrecer aos Xefes (clientes) esta semana.
  • O compromiso de Mercadona co sector primario é firme e por iso, dende hai anos, máis do 90 % do total das laranxas que comercializa son de orixe España.
  • Fontestad Citrus, Frutinter, Martinavarro, Frutas Tono, Bollo International Fruits, Bagu, Dracma, Anecoop, SAT Canarisol, Agronostrum, Nufri, Hermanos Torres y Sucesores, Lasarte, AM Fresh Spain Citrus, Alcafruit, Vicente Giner, Agrios Selectos, V-Ros, Mogalla, Frutas Poveda, Tana, Natural Fruit, Frugarva, Mundosol e Perales y Ferrer, provedores de laranxa, mandarina, pomelo e limón súmanse aos máis de 350 provedores de froitas e verduras cos que a compañía colabora.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, iniciou o pasado xoves 6 de outubro a campaña de cítricos de orixe España coa mandarina Oronules, e foi incorporando diferentes variedades as seguintes semanas do mes e as primeiras semanas de novembro. En concreto, os limóns, pomelos e laranxas de orixe España estarán dispoñibles esta semana nas tendas.

Mercadona ten previsto comprar na campaña 2022-23 arredor de 220.000 toneladas de laranxas, mandarinas, limóns e pomelos de orixe España. O maior volume é de laranxas, que se estima que alcance as 150.000 toneladas, mentres que o de mandarinas será de máis de 50.000 toneladas, o de limóns de 17.000 toneladas e o de pomelos de 1.500 toneladas.

As mandarinas están dispoñibles a granel e en mallas de 1 ou 2 quilos, ademais da mandarina con folla na cesta. No caso das laranxas, ofreceranse tanto a granel como en mallas de 3 a 5 quilos.

As diferentes variedades de cítricos que ofrece Mercadona proceden da Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias. En concreto, proveñen dos provedores nacionais Fontestad Citrus, Frutinter, Martinavarro, Frutas Tono, Bollo International Fruits, Bagu, Dracma, Anecoop, SAT Canarisol, Agronostrum, Hermanos Torres y Sucesores, Lasarte, AM Fresh Spain Citrus, Alcafruit, Vicente Giner, Agrios Selectos, V-Ros, Nufri, Mogalla, Frutas Poveda, Tana, Natural Fruit Europe, Frugarva, Mundosol e Perales y Ferrer; que traballan con máis de 2.500 agricultores de toda España.

O compromiso de Mercadona co sector primario é firme e é por iso polo que, dende hai anos, máis do 90 % do total das laranxas que comercializa son de orixe España.

Fomento do consumo de cítricos e froitas e verduras de tempada para unha cesta equilibrada

Mercadona fomenta o consumo de cítricos, así como do zume de laranxa acabado de espremer dispoñible na sección de Froita e Verdura nos tres formatos de envase habituais, de 250 mililitros, 500 mililitros e 1 litro, todos realizados con plástico reciclado para favorecer a economía circular e seguir coidando o Planeta. Este servizo, que comezou a implantarse en 2016 en todas as tendas da cadea, trátase dun proxecto que se desenvolveu a través da innovación conxunta entre Mercadona, o provedor especialista Zumex e os propios clientes.

Os cítricos son ricos en vitaminas, minerais e antioxidantes e o seu consumo contribúe a manter unha dieta equilibrada. As laranxas, mandarinas e limóns, entre outros cítricos, son grandes aliados para completar unha cesta da compra equilibrada.

Mercadona apoia as campañas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre as Froitas e Verduras de tempada. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supuxo un paso máis na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria en España.

Laranxas de orixe España na sección de Froita e Verdura de MercadonaLaranxas de orixe España na sección de Froita e Verdura de Mercadona.

Campaña nacional de cítricos de orixe España en MercadonaCampaña nacional de cítricos de orixe España en Mercadona.

Limóns de orixe España na sección de Froita e Verdura de MercadonaLimóns de orixe España na sección de Froita e Verdura de Mercadona.