Pemento vermello de Mercadona no campo

Mercadona prevé comprar 18.200 toneladas de pemento vermello de orixe nacional para a campaña de 2020, un 17% máis que en 2019

01 de xullo de 2020
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía aposta todo o ano polo pemento vermello de orixe nacional cultivado en Andalucía, Región de Murcia, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Navarra e Canarias.
  • A compañía comprou aproximadamente 15.500 toneladas de pemento vermello en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar aproximadamente 18.200 toneladas de pemento vermello de orixe nacional en 2020, cifra que representa un 17% máis que en 2019, cando a compañía comprou arredor de 15.500 toneladas.

Para abastecer deste produto á sección de Froita e Verdura das máis de 1.600 tendas, a compañía colabora durante todo o ano con máis de 10 provedores locais, cuxos campos se sitúan en Andalucía, Región de Murcia, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Navarra e Canarias.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de temporada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Pemento vermello dispoñible na sección Froita e Verdura de MercadonaPemento vermello dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona.

Pemento vermello de Mercadona no campoPemento vermello de Mercadona no campo.

Logo EActiVate