Fachada servizo Mercadona Online Madrid

Mercadona pon en marcha o seu novo servizo en liña en Madrid centro

20 de abril de 2020

Mercadona quere dar resposta, nesta situación excepcional, ás necesidades da Sociedade e dos seus “Xefes”.

  • Este novo almacén destinado exclusivamente ao servizo en liña, denominado internamente Colmea e situado en Getafe, dará servizos nunha primeira fase aos barrios de Retiro, Salamanca e á zona de Méndez Álvaro.
  • Dende o inicio do confinamento, Mercadona reforzou o seu servizo en liña en Valencia e Barcelona, cidades onde conta con Colmeas, e suspendeuno temporalmente no resto dos lugares onde se servían os pedidos directamente dende as tendas.
  • Cun investimento de 12 millóns de euros, o novo almacén en liña conta cun cadro de persoal inicial de 100 persoas, que crecerá conforme evolucione o proxecto ata superar as 350 persoas.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, puxo en marcha hoxe a súa primeira Colmea en Madrid tras acelerar os seus esforzos para dar resposta ás necesidades actuais dos seus “Xefes” e da sociedade, nunha situación excepcional como a que estamos vivindo no país. Tras reforzar o servizo en liña en Valencia e Barcelona debido á alta demanda, Madrid é a seguinte cidade en dispoñer do novo servizo.

A primeira Colmea de Mercadona en Madrid está situada en Getafe (Polígono Los Gavilanes). Dende hoxe, dá servizo aos barrios de Retiro e Salamanca e á zona de Méndez Álvaro, concretamente a sete códigos postais (28001, 28006, 28007, 28009, 28010, 28014 e 28045). Nas próximas semanas, a medida que se vaia consolidando a posta en marcha e o máis rápido posible, ampliarase o servizo a novos códigos postais da cidade, aínda que non hai datas concretas das novas fases de expansión.

Na Colmea de Madrid traballan actualmente 100 persoas e en función do crecemento irá aumentando o cadro de persoal ata os 350 traballadores. Este centro de preparación será exclusivo para a canle en liña, que nun momento como o actual representa unha clara alternativa para moitos dos nosos Xefes. Todos os traballadores contan con todos os medios de protección indicados polas autoridades sanitarias e preparan e reparten extremando ao máximo as precaucións recomendadas.  

Segundo Juana Roig, directora xeral do proxecto de compra en liña de Mercadona, “decidimos lanzar o novo servizo en liña en Madrid, pese á situación excepcional e delicada pola que todos estamos pasando, porque agora máis que nunca os nosos clientes estano reclamando. Dándolle prioridade sempre á seguridade e saúde dos nosos traballadores, as empresas debemos ser motor fundamental para reactivar a economía e isto é unha mostra máis do noso compromiso co país”. Juana Roig tamén quixo agradecerlles ás persoas que participaron no proxecto e sinala que “somos conscientes de que non imos poder dar servizo a toda a demanda de Madrid, pero ímonos esforzar ao máximo para chegar ao maior número de clientes o máis pronto posible. O noso obxectivo é levar a compra a 30.000 fogares no próximo mes”.

Creación de emprego e investimento

O proxecto en liña en Madrid é a terceira Colmea que inaugura a compañía, tras a posta en marcha da de Valencia, en 2018; e da de Barcelona, en 2019. O cadro de persoal de Mercadona Online ascenderá a 1.000 persoas este ano. 

Este novo centro de distribución supuxo un investimento de 12 millóns de euros e ten unha superficie de 15.000 m2, dos que 3.800 m2 están destinados a produtos frescos, incluída unha área de almacenamento en frío para produtos refrixerados e conxelados. Os produtos frescos recíbense e prepáranse o mesmo día de entrega ao cliente, polo que se garante a máxima calidade e frescura.

Sostibilidade e eficiencia

Mercadona conta cunha flota de 50 vehículos a gas que poden transportar ata 15 pedidos. Estes foron deseñados exclusivamente con 3 zonas de temperatura adaptadas a cada tipo de produto: temperatura ambiente, refrixerado e conxelado. Ademais, incorpora un sistema de descarga mecanizado que minimiza a manipulación da carga, coa redución conseguinte de sobreesforzos para os traballadores e a diminución do tempo de descarga. Así mesmo, toda a flota forma parte do proxecto de transporte sostible que está desenvolvendo a compañía, xa que todos os vehículos están propulsados a gas, seguindo o compromiso co medio ambiente da empresa.

O obxectivo da nova compra en liña non se basea unicamente na mellora da experiencia de compra pola nova web e a aplicación móbil, senón que leva asociados importantes cambios estruturais que permiten optimizar os procesos de preparación e repartición. Ao trasladar a preparación e o envío dos pedidos á Colmea, en lugar de xestionalos un a un dende as tendas, increméntase a produtividade e eficiencia, garantindo un mellor servizo. Ademais da tenda en liña, todo o software utilizado nos diferentes procesos está desenvolvido internamente por Mercadona, que conta cun equipo de máis de 60 persoas entre desenvolvedores, product managers e deseñadores.

Este novo modelo mantén a mesma tarifa que o servizo anterior (7,21€ / pedido) e amplía o horario de entrega de 7:00 a 22:00 horas de luns a sábado en tramos de 1 hora a partir do día seguinte de facer o pedido.

Os produtos pódense localizar a través das categorías ou do buscador da nova plataforma dispoñendo de fotografías de cada produto e toda a súa información relevante.

Enlaces de interese:

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará

Almacén de Mercadona Online en Getafe (Madrid)Almacén de Mercadona Online en Getafe (Madrid).

Almacén de servizo Mercadona Online en Getafe (Madrid)Almacén de servizo Mercadona Online en Getafe (Madrid).

Traballador do almacén en liña de Mercadona en GetafeTraballador do almacén en liña de Mercadona en Getafe.