Cartel Operación Quilo Virtual de Alimentos en Mercadona

Mercadona participa na Operación Quilo da Primavera

30 de maio de 2022
  • A compañía únese a esta iniciativa organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos entre os días 30 de maio e 4 de xuño.
  • En total participan 1.402 tendas da compañía en España, onde os clientes poderán facer doazóns monetarias no momento da compra, que se transformarán logo en produtos de primeira necesidade.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, súmase á Operación Quilo da Primavera organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos do 30 de maio ao 4 de xuño. A compañía pon a disposición da campaña os seus puntos de venda para a recadación de fondos.

En total participan 1.402 tendas de Mercadona de toda España, onde os “Xefes” (clientes) poderán realizar doazóns monetarias, múltiplo de 1 €, no momento da compra ao pasar pola caixa. As cantidades doadas transformaranse en alimentos que se entregarán a cada un dos Bancos de Alimentos participantes. 

Mercadona colabora nesta iniciativa social co compromiso de animar aos clientes a participar neste evento solidario. A compañía pon a disposición a listaxe das tendas participantes de Mercadona na súa páxina web (documento en español):

Listado tiendas participantes de Mercadona en la Operación Kilo de Primavera 2022

Descargar

 

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire na nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Imaxe de cabeceira: Cartel Operación Quilo Virtual de Alimentos en Mercadona.