Carteis na tenda da Operación Quilo 2023

Mercadona participa na Operación Quilo 2023

29 de maio de 2023
  • A cadea pon a disposición desta campaña máis de 1.600 tendas repartidas por toda España, onde os clientes poderán facer doazóns monetarias ao pasar pola caixa.
  • As cantidades doadas transformaranse en produtos de primeira necesidade que se entregarán aos Bancos de Alimentos participantes, que decidirán exactamente o tipo de produto que necesitan, así como a cantidade e o momento da entrega.
  • A compañía únese a esta iniciativa organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos do 29 de maio ao 4 de xuño.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, súmase á Operación Quilo organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) do 29 de maio ao 4 de xuño. A compañía, co obxectivo de animar aos clientes a participar neste evento solidario, pon á disposición desta campaña máis de 1.600 tendas repartidas por toda España para a recadación de fondos.

Os “Xefes” (clientes) poden realizar doazóns monetarias, múltiplo de 1 euro, no momento da compra ao pasar pola caixa. As cantidades doadas transformaranse logo en alimentos para entregar aos Bancos de Alimentos participantes, que decidirán exactamente o tipo de produto que necesitan, así como a cantidade e o momento da entrega para atender de forma máis eficiente as necesidades reais dos usuarios finais aos que atenden.

Doazóns de Mercadona en 2022

En 2022 a compañía doou 25.100 toneladas de produtos de primeira necesidade a máis de 550 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas coas que colabora en España e Portugal. Esta cantidade significou un aumento do 22 % das achegas respecto a 2021.

Así mesmo, os “Xefes” (clientes) tamén colaboraron en distintas iniciativas solidarias organizadas ao longo do pasado ano. Entre esas iniciativas, destaca a participación destes na Gran Recollida de Alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) que tivo lugar do 25 de novembro ao 6 de decembro, onde, grazas á solidariedade dos clientes e de Mercadona, que sumou o 10 % da recadación a esta iniciativa solidaria, conseguiuse recadar máis de 3,5 millóns de euros que os Bancos de Alimentos participantes están transformando ao longo deste ano 2023 nos produtos de primeira necesidade que realmente necesitan para a atención da súas entidades e usuarios finais.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 800 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Carteis na tenda da Operación Quilo 2023Carteis na tenda da Operación Quilo 2023.