Detalle cartel da Gran Recollida de Alimentos 2022

Mercadona participa na Gran Recollida de Alimentos 2022

25 de novembro de 2022
  • A compañía únese á Gran Recollida de Alimentos 2022 organizada pola FESBAL entre os días 25 de novembro e 6 de decembro.
  • Os clientes poderán facer doazóns monetarias no momento da compra.
  • En total participan 1.623 tendas da compañía en España.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, súmase á Gran Recollida de Alimentos 2022 organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) do 25 de novembro ao 6 de decembro. A compañía pon a disposición da campaña os seus puntos de venda para a recadación de fondos, co obxectivo de darlles aos seus clientes a posibilidade de participar neste grande evento solidario anual a favor dos Bancos de Alimentos.

Vídeo en español

En total participan 1.623 tendas de Mercadona de toda España. Ademais, como vén sendo xa habitual, a colaboración na Gran Recollida realízase mediante doazóns monetarias, múltiplo de 1 €, que os clientes poden realizar no momento da compra ao pasar pola caixa. As cantidades doadas transformaranse integramente en alimentos para entregar a cada un dos Bancos de Alimentos participantes, que decidirán exactamente que tipo de alimento necesitan, así como a cantidade e o momento da entrega. A doazón na caixa permite axustar as doazóns ás necesidades reais dos beneficiarios finais de cada banco de alimentos sendo moito máis eficientes.

Documento en español

Listado de tiendas de Mercadona participantes en la Gran Recogida de Alimentos 2022

Descargar

 

Doazóns de Mercadona en 2022

No que vai de ano, a compañía doou 18.800 toneladas de alimentos e produtos de primeira necesidade a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades sociais de toda España e Portugal. Esta doazón de toda a cadea no momento do peche do mes de outubro é o equivalente a 313.300 carros da compra.

Mercadona colabora con máis de 400 comedores sociais, máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades que reciben diariamente doazóns para apoiar ás persoas que están nunha situación difícil.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Doazón na caixa na Gran Recollida de Alimentos en MercadonaDoazón na caixa na Gran Recollida de Alimentos en Mercadona.

Detalle da doazón na caixa na Gran Recollida de Alimentos en MercadonaDetalle da doazón na caixa na Gran Recollida de Alimentos en Mercadona.