- O novo servizo en liña chega á cidade de Murcia e a localidades de Molina de Segura e Santomera.
- Cun investimento final de máis de 14 millóns de euros, o novo almacén en liña, situado en Alacant, conta cun cadro de persoal de 185 persoas.
- Mercadona mantén unhas compras sostidas de máis de 1.284 millóns de euros ao ano a provedores murcianos.
Mercadona lanzou o novo servizo en liña na cidade de Murcia e en localidades dos municipios de Molina de Segura e Santomera. Os pedidos prepararanse e enviaránselles aos seus clientes dende A Colmea, como internamente a compañía denomina os almacéns destinados ao servizo en liña.
Todos os clientes destas zonas poden realizar a súa compra a través da nova páxina web e aplicación móbil, de forma moito máis intuitiva, e poden localizar os produtos a través das categorías ou do buscador. O cliente dispón de fotos de cada produto e toda a información relevante.
Este novo modelo mantén a mesma tarifa que o servizo anterior (7,21€/pedido) e amplía o horario de entrega de 7:00 a 22:00 horas de luns a sábado en tramos de 2 horas a partir do día seguinte de facer o pedido. Ademais, o cliente pode modificar a súa compra ata a noite do día anterior á súa entrega.
A Colmea ten unha superficie de 10.000 m2, dos cales 2.200 m2 están destinados a produtos frescos, incluída unha área de almacenamento en frío para produtos refrixerados e conxelados. Os clientes en liña poden encontrar os mesmos produtos que na súa Tenda física e, ademais, os produtos frescos recíbense e prepáranse o mesmo día de entrega, polo que se garante a máxima calidade e frescura.
Esta Colmea é a cuarta que inaugura Mercadona, tras a posta en marcha da de València, en 2018; a de Barcelona, en 2019; e a de Madrid, en 2020. En Mercadona Online traballan un total de 1.600 persoas con emprego estable e de calidade. Ademais, a compañía prevé abrir a súa quinta Colmea en Sevilla a finais de ano.
Mercadona tamén desenvolveu un novo modelo de preparación e envío de pedidos dende as tendas físicas, para zonas de menor concentración de venda en liña. Actualmente este modelo está implantado en Castelló e Tarragona e durante o outono, a compañía prevé estendelo a Cartagena. Desta maneira, os clientes desa zona tamén poderán comprar dende a nova app e web, gozando do novo servizo en liña con todas as súas vantaxes.
Sostibilidade e eficiencia
Mercadona conta nesta Colmea con 50 vehículos con etiqueta ambiental ECO, tanto microhíbridos como a gas, que poden transportar ata 15 pedidos. Estes foron deseñados exclusivamente con 3 zonas de temperatura adaptadas a cada tipo de produto: temperatura ambiente, refrixerado e conxelado garantindo a cadea de frío ata a entrega na casa do cliente. Ademais, incorporan un sistema de descarga mecanizado que minimiza a manipulación da carga, coa redución conseguinte de sobreesforzos para os traballadores e a diminución do tempo de descarga.
Por outro lado, ao longo da superficie da súa cuberta instaláronse 700 paneis fotovoltaicos. Con eles, a Colmea autoabastécese no seu consumo de enerxía diario. Inclúense melloras nas instalacións como optimizacións dos corredores para que os percorridos dos traballadores se realicen en menos pasos. Adicionalmente, deseñouse a entrada e saída de vehículos de forma eficiente e disponse de dous peiraos de tráiler mellorando o proceso de aprovisionamento.
Mercadona na Región de Murcia
Mercadona conta con 63 supermercados na Región de Murcia, que proporcionan emprego estable e de calidade a 3.000 persoas. Mostra da súa aposta pola Región de Murcia son os máis de 1.284 millóns de euros en compras a provedores murcianos realizadas en 2021.
Ademais, un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Mercadona reforzou ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na comunidade por medio de diferentes iniciativas, con máis de 256 toneladas de alimentos doados a entidades sociais murcianas. É o caso das que realiza cos 6 comedores sociais cos que traballa na Región de Murcia, aos que doa diariamente produtos de primeira necesidade, e a entidades como o Banco de Alimentos del Segura, entre outras.
O novo servizo en liña de Mercadona en Murcia.
Servizo Mercadona Online en repartición en Murcia.
Imaxe de cabeceira: Exterior cuarta Colmea de Mercadona en Alacant.