Exterior cuarta Colmea de Mercadona en Alacant

Mercadona lanza a súa nova compra en liña en Murcia

24 de xuño de 2022
  • O novo servizo en liña chega á cidade de Murcia e a localidades de Molina de Segura e Santomera.
  • Cun investimento final de máis de 14 millóns de euros, o novo almacén en liña, situado en Alacant, conta cun cadro de persoal de 185 persoas.
  • Mercadona mantén unhas compras sostidas de máis de 1.284 millóns de euros ao ano a provedores murcianos.

Mercadona lanzou o novo servizo en liña na cidade de Murcia e en localidades dos municipios de Molina de Segura e Santomera. Os pedidos prepararanse e enviaránselles aos seus clientes dende A Colmea, como internamente a compañía denomina os almacéns destinados ao servizo en liña.

Todos os clientes destas zonas poden realizar a súa compra a través da nova páxina web e aplicación móbil, de forma moito máis intuitiva, e poden localizar os produtos a través das categorías ou do buscador. O cliente dispón de fotos de cada produto e toda a información relevante.

Este novo modelo mantén a mesma tarifa que o servizo anterior (7,21€/pedido) e amplía o horario de entrega de 7:00 a 22:00 horas de luns a sábado en tramos de 2 horas a partir do día seguinte de facer o pedido. Ademais, o cliente pode modificar a súa compra ata a noite do día anterior á súa entrega.

A Colmea ten unha superficie de 10.000 m2, dos cales 2.200 m2 están destinados a produtos frescos, incluída unha área de almacenamento en frío para produtos refrixerados e conxelados. Os clientes en liña poden encontrar os mesmos produtos que na súa Tenda física e, ademais, os produtos frescos recíbense e prepáranse o mesmo día de entrega, polo que se garante a máxima calidade e frescura.

Esta Colmea é a cuarta que inaugura Mercadona, tras a posta en marcha da de València, en 2018; a de Barcelona, en 2019; e a de Madrid, en 2020. En Mercadona Online traballan un total de 1.600 persoas con emprego estable e de calidade. Ademais, a compañía prevé abrir a súa quinta Colmea en Sevilla a finais de ano.

Mercadona tamén desenvolveu un novo modelo de preparación e envío de pedidos dende as tendas físicas, para zonas de menor concentración de venda en liña. Actualmente este modelo está implantado en Castelló e Tarragona e durante o outono, a compañía prevé estendelo a Cartagena. Desta maneira, os clientes desa zona tamén poderán comprar dende a nova app e web, gozando do novo servizo en liña con todas as súas vantaxes.

Sostibilidade e eficiencia

Mercadona conta nesta Colmea con 50 vehículos con etiqueta ambiental ECO, tanto microhíbridos como a gas, que poden transportar ata 15 pedidos. Estes foron deseñados exclusivamente con 3 zonas de temperatura adaptadas a cada tipo de produto: temperatura ambiente, refrixerado e conxelado garantindo a cadea de frío ata a entrega na casa do cliente. Ademais, incorporan un sistema de descarga mecanizado que minimiza a manipulación da carga, coa redución conseguinte de sobreesforzos para os traballadores e a diminución do tempo de descarga.

Por outro lado, ao longo da superficie da súa cuberta instaláronse 700 paneis fotovoltaicos. Con eles, a Colmea autoabastécese no seu consumo de enerxía diario. Inclúense melloras nas instalacións como optimizacións dos corredores para que os percorridos dos traballadores se realicen en menos pasos. Adicionalmente, deseñouse a entrada e saída de vehículos de forma eficiente e disponse de dous peiraos de tráiler mellorando o proceso de aprovisionamento.

Mercadona na Región de Murcia

Mercadona conta con 63 supermercados na Región de Murcia, que proporcionan emprego estable e de calidade a 3.000 persoas. Mostra da súa aposta pola Región de Murcia son os máis de 1.284 millóns de euros en compras a provedores murcianos realizadas en 2021.

Ademais, un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Mercadona reforzou ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na comunidade por medio de diferentes iniciativas, con máis de 256 toneladas de alimentos doados a entidades sociais murcianas. É o caso das que realiza cos 6 comedores sociais cos que traballa na Región de Murcia, aos que doa diariamente produtos de primeira necesidade, e a entidades como o Banco de Alimentos del Segura, entre outras.

Novo servizo en liña de Mercadona en MurciaO novo servizo en liña de Mercadona en Murcia.

Servizo Mercadona Online en repartición en MurciaServizo Mercadona Online en repartición en Murcia.

Imaxe de cabeceira: Exterior cuarta Colmea de Mercadona en Alacant.