Ana Alves, coordinadora de planta dun supermercado de Porto, coa nova máscara corporativa

Mercadona inviste máis de 5 millóns de euros ao ano en máscaras corporativas hixiénicas reutilizables para o seu cadro de persoal

13 de maio de 2021
  • A compañía substitúe a máscara hixiénica non reutilizable por unha nova corporativa, máis práctica, moderna e sostible, co obxectivo de mellorar os equipos de protección no posto de traballo e reforzar o seu compromiso co medio ambiente.
  • O cambio, que comezou a realizarse de forma progresiva a finais de 2020, ten previsto implantarse en toda a cadea antes de que finalice o mes de maio.
  • O Provedor Totaler Cambrass, especialista en téxtiles para bebé, elabora estas pezas nas súas instalacións de Ontinyent (Valencia) para os máis de 95.000 empregados que a compañía ten repartidos por España e Portugal.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, substitúe as máscaras hixiénicas non reutilizables das súas traballadoras e traballadores por unhas novas máscaras hixiénicas reutilizables corporativas, máis prácticas, modernas e sostibles, que locen o logo da empresa nun lateral.

Este cambio, que implicará un investimento anual de máis de 5 millóns de euros, supón unha gran mellora nos equipos de protección no posto de traballo, xa que estas novas máscaras son máis resistentes á calor e á humidade, máis cómodas e ergonómicas, e protexen durante toda a xornada laboral. Ademais, refórzase o compromiso da compañía co medio ambiente, ao apostar por unha peza reutilizable ata 10 usos.

Esta mellora empezou a aplicarse a finais de 2020 e a previsión é que os máis de 95.000 empregados da compañía gocen destas novas máscaras corporativas antes de que finalice o mes de maio.

O Provedor Totaler especialista en téxtiles para bebé, Cambrass, é o responsable de elaborar este produto certificado por AITEX baixo a norma española UNE 0065-2020 e europea CWA 17553:2020, caracterizado ademais pola súa alta eficacia de filtración do 99 % e a súa alta capacidade de respirabilidade, nas súas instalacións da localidade de Ontinyent (Valencia), para as traballadoras e os traballadores de España e Portugal.

Mario e Coral, traballadores da Colmea de Getafe (Madrid), coa nova máscara corporativaMario e Coral, traballadores da Colmea de Getafe (Madrid), coa nova máscara corporativa.

Ana Alves, coordinadora de planta dun supermercado de Porto, coa nova máscara corporativaAna Alves, coordinadora de planta dun supermercado de Porto, coa nova máscara corporativa.

Imaxe de cabeceira: Ana Alves, coordinadora de planta dun supermercado de Porto, coa nova máscara corporativa.