- A compañía substitúe a máscara hixiénica non reutilizable por unha nova corporativa, máis práctica, moderna e sostible, co obxectivo de mellorar os equipos de protección no posto de traballo e reforzar o seu compromiso co medio ambiente.
- O cambio, que comezou a realizarse de forma progresiva a finais de 2020, ten previsto implantarse en toda a cadea antes de que finalice o mes de maio.
- O Provedor Totaler Cambrass, especialista en téxtiles para bebé, elabora estas pezas nas súas instalacións de Ontinyent (Valencia) para os máis de 95.000 empregados que a compañía ten repartidos por España e Portugal.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, substitúe as máscaras hixiénicas non reutilizables das súas traballadoras e traballadores por unhas novas máscaras hixiénicas reutilizables corporativas, máis prácticas, modernas e sostibles, que locen o logo da empresa nun lateral.
Este cambio, que implicará un investimento anual de máis de 5 millóns de euros, supón unha gran mellora nos equipos de protección no posto de traballo, xa que estas novas máscaras son máis resistentes á calor e á humidade, máis cómodas e ergonómicas, e protexen durante toda a xornada laboral. Ademais, refórzase o compromiso da compañía co medio ambiente, ao apostar por unha peza reutilizable ata 10 usos.
Esta mellora empezou a aplicarse a finais de 2020 e a previsión é que os máis de 95.000 empregados da compañía gocen destas novas máscaras corporativas antes de que finalice o mes de maio.
O Provedor Totaler especialista en téxtiles para bebé, Cambrass, é o responsable de elaborar este produto certificado por AITEX baixo a norma española UNE 0065-2020 e europea CWA 17553:2020, caracterizado ademais pola súa alta eficacia de filtración do 99 % e a súa alta capacidade de respirabilidade, nas súas instalacións da localidade de Ontinyent (Valencia), para as traballadoras e os traballadores de España e Portugal.
Mario e Coral, traballadores da Colmea de Getafe (Madrid), coa nova máscara corporativa.
Ana Alves, coordinadora de planta dun supermercado de Porto, coa nova máscara corporativa.
Imaxe de cabeceira: Ana Alves, coordinadora de planta dun supermercado de Porto, coa nova máscara corporativa.