- Substitúen os actuais uniformes por outros máis modernos e ergonómicos, acordes á nova imaxe do Novo Modelo de Tenda Eficiente.
- Entre marzo e xullo actualizarase o novo vestiario.
- As novas pezas confeccionáronse con tecidos máis resistentes e deseños que favorecen unha maior mobilidade, mellorando o posto de traballo de todo o cadro de persoal.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e en liña, iniciou hoxe a substitución dos seus actuais uniformes das tenda por un novo deseño máis ergonómico e moderno. A renovación do vestiario, que xa é efectiva para as traballadoras e os traballadores dos máis de 400 supermercados que a compañía ten actualmente adaptados ao seu Novo Modelo de Tenda Eficiente por toda España, realizarase progresivamente no resto das tendas ata quedar implantada en todos os supermercados da cadea o próximo 22 de xullo.
Vídeo en español
Este proxecto supuxo un investimento de 29 millóns de euros. O obxectivo principal desta renovación é mellorar o posto de traballo do persoal das tendas con uniformes máis cómodos. Nese sentido, apostouse por tecidos elásticos e mellorouse o deseño das camisas, cambios que buscan favorecer a mobilidade. Así mesmo, melloráronse as calidades en todas as pezas, garantindo a transpirabilidade, mobilidade, resistencia de tecidos e cores. Xunto a estas melloras ergonómicas, o novo uniforme tamén actualizou o seu deseño, máis moderno e acorde ao estilo do Novo Modelo de Tenda Eficiente, que a compañía está implantando de maneira progresiva nas máis de 1.600 tendas que ten repartidas por toda España.
Recoñecemento á política de RRHH
Esta iniciativa, que forma parte das medidas que a compañía leva a cabo para satisfacer o traballador, reforza a política de Recursos Humanos da compañía, que aposta pola creación de emprego estable e de calidade e impulsa medidas que favorecen o desenvolvemento tanto persoal como profesional de cantos forman parte do seu cadro de persoal. Grazas a iso, Mercadona foi destacada un ano máis no Estudo Merco Talento 2018 ao repetir no primeiro lugar da clasificación do seu sector, e ocupar a sexta posición na clasificación xeral. Ademais, Harvard Business Review destaca a xestión interna do talento, e a Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente das Nacións Unidas, valora o esforzo en formación, conciliación e repartición dos beneficios que realiza a compañía. Así mesmo, a compañía asinou a finais de 2018 cos sindicatos maioritarios o novo Convenio Colectivo de Empresa e o Plan de Igualdade 2019-2013. O novo plan, máis social e igualitario, reforza o compromiso de Mercadona co emprego estable e de calidade, avanza nas súas condicións laborais, ao tempo que consolida a súa aposta por mellorar o poder adquisitivo do cadro de persoal cun soldo mínimo de 1.328 euros ao mes/brutos, aos que se suman os complementos propios da Política Retributiva, e un incremento progresivo do salario base vinculado ao IPC.
Novo uniforme de Mercadona
Novo uniforme de Mercadona
Novo uniforme do persoal de mantemento de Mercadona
Novo uniforme para a sección de Perfumería de Mercadona