Inicio campaña laranxa nacional orixe España en Mercadona

Mercadona inicia a campaña de laranxas de orixe España

28 de outubro de 2021
  • O 8 de outubro Mercadona iniciou a campaña de cítricos españois coa mandarina Oronules e hoxe, 28 de outubro, comezan a chegar ás tendas as laranxas de orixe nacional.
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía compra máis de 200.000 toneladas de laranxas e mandarinas producidas na Comunitat Valenciana, Región de Murcia, Andalucía, Catalunya e Canarias.
  • Fontestad Citrus, Frutinter, Martinavarro, Frutas Tono, Bollo International Fruits, Bagu, Dracma, Anecoop, SAT Canarisol, Agronostrum, Frutas Plasencia, Hermanos Torres y Sucesores, Lasarte, AM Fresh Spain Citrus, Alcafruit, Vicente Giner, Agrios Selectos, V-Ros, Frutas Poveda, Tana, Frugarva, Mundosol e Perales y Ferrer, provedores de laranxa, mandarina e limón súmanse aos máis de 350 provedores de froitas e verduras cos que a compañía colabora.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, iniciou o venres 8 de outubro a campaña de cítricos de orixe nacional coa mandarina Oronules e, a partir de hoxe, 28 de outubro, irase incorporando progresivamente en todas as súas tendas laranxa de orixe España. Ademais, esta mesma semana a compañía tamén empezou a ofrecerlles aos Xefes (clientes) limóns de orixe nacional.

Mercadona ten previsto comprar máis de 200.000 toneladas de laranxas e mandarinas en 2021. O maior volume é de laranxas, que se estima que alcance as 170.000 toneladas, mentres que o de mandarinas será máis de 45.000 toneladas; e no caso dos limóns alcanzará as 20.000 toneladas.

As laranxas de orixe nacional en Mercadona venderanse tanto a granel como en mallas de 3 a 5 quilos, e as mandarinas estarán dispoñibles a granel, en mallas de 1 e 2 quilos, ademais da mandarina con folla. Os limóns ofreceranse en malla dun quilo e a granel. As diferentes variedades proceden da Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias.

Estes cítricos proveñen dos provedores nacionais Fontestad Citrus, Frutinter, Martinavarro, Frutas Tono, Bollo International Fruits, Bagu, Dracma, Anecoop, SAT Canarisol, Agronostrum, Frutas Plasencia, Hermanos Torres y Sucesores, Lasarte, AM Fresh Spain Citrus, Alcafruit, Vicente Giner, Agrios Selectos, V-Ros, Frutas Poveda, Tana, Frugarva, Mundosol e Perales y Ferrer.

Mercadona cómpralles a máis de 2.500 agricultores de toda España e mantén un compromiso firme co sector primario e, é por iso que, dende hai anos, máis do 90 % do total de laranxas que comercializamos en Mercadona son de orixe España.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria en España.

Laranxas de orixe EspañaLaranxas de orixe España.

Mandarinas orixe nacional na sección de Froita e Verdura de MercadonaMandarinas orixe nacional na sección de Froita e Verdura de Mercadona.

Traballador de Frutinter no campo durante a recollida de cítricos nacionaisTraballador de Frutinter no campo durante a recollida de cítricos nacionais.