María Cantalejo e Rut Montes, cociñeiras do comedor social La Sal da Tierra, xunto a Javier González e Mariña Rivas, traballador e Xerente de Relacións Externas de Mercadona

Mercadona inicia a doazón diaria de produtos de primeira necesidade ao comedor social La Sal de la Tierra en Vigo

11 de xuño de 2020
  • A compañía inicia a súa colaboración co comedor social La Sal de la Tierra entregando a diario produtos de primeira necesidade como carne, froita, verdura, pescado, lácteos…
  • Mercadona reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19, e dá resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • A compañía, ata o momento, doou ás distintas entidades e organizacións sociais de Galicia 414 toneladas de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 706,6 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só na comunidade autónoma de Galicia.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, inicia a doazón diaria de produtos de primeira necesidade ao comedor social La Sal de la Tierra e procede a aplicar novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas, como a subministración desta organización. As doazóns diarias realizaranse pola mañá e, para iso, Mercadona achega os seus propios recursos loxísticos e humanos.

A Asociación La Sal de la Tierra incorpórase ao proxecto social que a compañía iniciou en 2013 e que aglutina 18 comedores sociais e outras entidades benéficas de Galicia que reciben de Mercadona doazóns diarias, entre elas, os comedores sociais La Esperanza e Misión del Silencio, ambos os dous situados en Vigo.

Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia, destaca "o magnífico labor que desenvolven dende La Sal de la Tierra, que non deixou de traballar para axudar aos demais nestes tempos difíciles". “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais da Galicia, onde doou 706,6 toneladas de alimentos en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, dende La Sal de la Tierra Asociación Benéfica "agradecemos a Mercadona a súa solidariedade manifesta, e ao resto de entidades que puntualmente colaboran cos seus produtos e doazóns, sen os cales nos sería imposible o mantemento do Comedor Social ". A asociación leva máis de 20 anos realizando o seu labor social en Vigo e dispón de servizo de comedor social, obradoiros ocupacionais e oficina de atención e información inmediata.

Unha política de acción sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 260 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 6.200 toneladas de alimentos, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

María Cantalejo e Rut Montes, cociñeiras do comedor social La Sal de la Tierra, xunto a Javier González e Mariña Rivas, traballador e Xerente de Relacións Externas de MercadonaMaría Cantalejo e Rut Montes, cociñeiras do comedor social La Sal de la Tierra, xunto a Javier González e Mariña Rivas, traballador e Xerente de Relacións Externas de Mercadona.

Logo EActiVate