Mariña Rivas, Xerente de RREE de Mercadona en Galicia, Casimiro Chouza, traballador do supermercado Mercadona de Sanxenxo e Horacio Tuboras, voluntario do Banco de Alimentos Rías Baixas

Mercadona inicia a doazón diaria de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos Rías Baixas

05 de maio de 2020
  • A compañía afianza a súa colaboración co Banco de Alimentos Rías Baixas entregando a diario produtos de primeira necesidade como carne, froita, verdura, peixe, lácteos…
  • Mercadona reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19, e dá resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • A compañía, ata o momento, doou ás distintas entidades e organizacións sociais de Galicia 276 toneladas de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 706,6 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só na comunidade autónoma de Galicia.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña,  reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, inicia a doazón diaria de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos Rías Baixas co que xa colabora habitualmente, e procede a aplicar novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas, como a subministración desta organización.

As doazóns realizaranse dende a tenda Mercadona situada en Sanxenxo (Pontevedra) onde a entidade recollerá todos os días produtos aptos para o seu consumo pero non para a venda. Con esta iniciativa, Mercadona afianza a súa colaboración co Banco de Alimentos Rías Baixas cuxo labor apoia dende 2016 e ao que, durante as últimas semanas, entregou 2.500 quilos de alimentos como legumes, leite, pasta, cacao soluble e azucre.

Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia, destaca "o magnífico labor que desenvolven dende o Banco de Alimentos Rías Baixas que non deixou de traballar para axudar aos demais nestes tempos difíciles". “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Galicia, onde doou 706,6 toneladas de alimentos en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, o Banco de Alimentos Rías Baixas agradece a colaboración de Mercadona: "Isto é unha proba de que as grandes organizacións solidarias facilitan a convivencia e son piares esenciais na axuda para mellorar a vida do ser humano. Estamos moi agradecidos a Mercadona pola súa constante e eficaz colaboración que veu sendo unha norma todos os anos e, máis se cabe, na difícil situación actual".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 4.130 toneladas de alimentos, 3.926 en España e 204 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos    Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos.  Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Mariña Rivas, Xerente de RREE de Mercadona en Galicia, Casimiro Chouza, traballador do supermercado Mercadona de Sanxenxo e Horacio Tuboras, voluntario do Banco de Alimentos Rías BaixasMariña Rivas, Xerente de RREE de Mercadona en Galicia, Casimiro Chouza, traballador do supermercado Mercadona de Sanxenxo e Horacio Tuboras, voluntario do Banco de Alimentos Rías Baixas.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará