O Banco de Alimentos de Santiago recolle as primeiras doazóns no supermercado Mercadona da Sionlla en Santiago de Compostela

Mercadona inicia a doazón diaria de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela

09 de xuño de 2020
  • A compañía afianza a súa colaboración co Banco de Alimentos de Santiago de Compostela entregando a diario produtos de primeira necesidade como carne, froita, verdura, peixe, lácteos…
  • Mercadona reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19, e dá resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • A compañía, ata o momento, doou ás distintas entidades e organizacións sociais de Galicia 414 toneladas de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 706,6 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só na comunidade autónoma de Galicia.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, inicia a doazón diaria de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela co que xa colabora habitualmente, e procede a aplicar novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas, como a subministración desta organización.

As doazóns realizaranse dende as tendas que Mercadona ten en Santiago de Compostela e Ames, onde a entidade recollerá todos os días produtos aptos para o seu consumo pero non para a venda. Con esta iniciativa, Mercadona afianza a súa colaboración co Banco de Alimentos de Santiago cuxo labor apoia dende 2012.

A entidade incorpórase ao Proxecto social que a compañía iniciou en 2013 e que aglutina 17 comedores sociais e outras entidades benéficas de Galicia que reciben de Mercadona doazóns diarias, entre elas, a Cociña Económica de Santiago ou a Cociña Social San Roque de Cáritas Parroquial de Cee.

Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia, destaca "o magnífico labor que desenvolven dende o Banco de Alimentos de Santiago que non deixou de traballar para axudar aos demais nestes tempos difíciles". “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais da Galicia, onde doou 706,6 toneladas de alimentos en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, dende o Banco de Alimentos de Santiago agradecen a colaboración de Mercadona polo "seu continuo apoio e solidariedade co labor das entidades que traballamos para axudar aos máis desfavorecidos".

Unha política de acción sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 260 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 6.200 toneladas de alimentos, cantidades  que se foron incrementando dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

O Banco de Alimentos de Santiago recolle as primeiras doazóns no supermercado Mercadona da Sionlla en Santiago de CompostelaO Banco de Alimentos de Santiago recolle as primeiras doazóns no supermercado Mercadona da Sionlla en Santiago de Compostela.

Logo EActiVate