- Desde maio está dispoñible pataca en Mercadona procedente de diferentes rexións produtoras de España.
- Mercadona prevé mercar máis de 136.000 toneladas de patacas españolas na campaña 2017, un 10% máis respecto da campaña anterior.
Mercadona inicia a campaña de patacas de proximidade en todos os seus supermercados de España. Nesta campaña 2017, Mercadona prevé mercar máis de 136.000 toneladas de patacas procedentes da Comunidade Valenciana, Castela e León, Rexión de Murcia, Castela-A Mancha (Albacete), Andalucía (Sevilla e Huelva), Euskadi (Áraba), Baleares ou Canarias. Isto supón un incremento do 10% respecto da campaña anterior.
Funcionamento da campaña de patacas de Mercadona
Desde que se inicia a época de patacas de orixe nacional entre abril e maio, até o mes de outubro ou novembro (datas orientativas: dependendo da tempada), hai patacas en Mercadona orixe España.
O 80% do total de patacas que vende Mercadona son de diferentes zonas produtoras do noso país. Mercadona unicamente importa patacas doutras orixes entre os meses de outubro-novembro e abril-xuño (dependendo da tempada) por mor de que durante estes meses a produción en España é insuficiente ou non se axusta aos requisitos que solicitan os nosos clientes. Como todos os anos, así que se inicia a campaña nacional ofrecemos patacas españolas en Mercadona.
Desde maio todos os supermercados Mercadona dispoñen de patacas de proximidade na sección de Froitas e Vexetais.
Produtos de proximidade en Mercadona
No marco da Cadea Agroalimentaria Sustentable de Mercadona, que procura a produtividade, a especialización, o diálogo e a sustentabilidade na súa relación co sector primario, a compañía colabora mediante acordos estables con 8.000 agricultores, 12.000 pescadores e 4.800 gandeiros do noso país.
Mercadona traballa tamén con 2.500 fornecedores comerciais e de servizos e con 20.000 pemes locais e produtores de materias primas. Para alén de realizar compras en España por valor de 16.055 millóns de euros ao ano e de priorizar, sempre que sexa viable, por materias primas e produtos de orixe nacional.