Coordinadora Bloque Loxístico en Plaza e colaborador

Mercadona inicia a actividade do seu novo Bloque Loxístico en Plaza

26 de febreiro de 2020
  • A execución total deste proxecto supoñerá un investimento aproximado de 45 millóns de euros.
  • En agosto finalizará a automatización do almacén de frescos e  realizarase o primeiro servizo ás tendas, e estará totalmente operativo a finais de ano.
  • A súa posta en marcha supuxo a creación de 25 postos de traballo cualificados, todos estables e de calidade, que se sumarán ao cadro de persoal actual.
  • Máis de 50 provedores de obra e 300 persoas participaron na construción deste complexo loxístico iniciado en marzo de 2018.

Mercadona pon en marcha o bloque loxístico situado na Plataforma Loxística de Plaza en Zaragoza, co inicio da actividade de grupaxe, consistente na agrupación de xénero dos provedores da súa zona de influencia para o seu posterior envío aos distintos bloques loxísticos da compañía (estratexia que consegue minimizar o número de viaxes por destino).

Tras iniciar as obras de construción o pasado mes de marzo de 2018, Mercadona seguirá incorporando servizos paulatinamente nesta plataforma, que estará a pleno rendemento a principios de 2021. Concretamente, a compañía ten previsto finalizar a execución do almacén automático de frescos en agosto do presente exercicio, mes a partir do que se poderá realizar o primeiro servizo ás tendas dende as súas instalacións, e dispoñer do almacén de secos, neste caso convencional, antes de que remate o ano.

Para Marta Máñez, Coordinadora do Bloque Loxístico de Zaragoza, "o desenvolvemento deste novo bloque loxístico é un reto importante para a compañía.  A súa construción e posta en marcha supoñerá un esforzo de 45 millóns de euros, investimento produtivo e sostible que non só vai contribuír a reforzar a eficiencia loxística de Mercadona, senón que vai xerar, igualmente, emprego de calidade e unha maior actividade en Plaza e en Zaragoza, onde levamos máis de 28 anos apostando polo crecemento económico e social da cidade". 

Situado na rúa Bari da Plataforma Loxística de Plaza, conta cunha superficie de 67.000 metros cadrados, dos que 30.000 metros se destinarán a superficie edificada. Na súa fase de execución participaron 50 provedores de obra e 300 persoas.

Marta Mañez, Coordinadora do Bloque Loxístico de ZaragozaMarta Mañez, Coordinadora do Bloque Loxístico de Zaragoza.

Coa súa posta en funcionamento, Mercadona iniciou igualmente o traslado por fases da actividade loxística que realiza nas actuais instalacións, situadas tamén en Plaza, onde se manterán os servizos de apoio e almacén de envases. Para iso, a compañía xerou, de momento, 25 novos postos de traballo cualificados, todos estables e de calidade, para o mantemento deste novo bloque (frigoristas, técnicos de instalacións e auxiliares de mantemento) e irá trasladando o cadro de persoal dende o antigo bloque a medida que a compañía poña en marcha novos servizos.

Igualmente, o bloque loxístico dispoñerá do denominado PPG (Picking Ponte Grúa), un sistema innovador de almacenamento e preparación automática de palés de carne, froita e verdura, que permite reducir os sobreesforzos das traballadoras e dos traballadores destas instalacións e contribúe a unha mellor manipulación dos produtos frescos que permite que cheguen aos nosos supermercados con maior calidade e frescura.

Este novo bloque loxístico amplía a capacidade de Mercadona e reforza a eficiencia da súa rede de distribución, que actualmente supera, no seu conxunto, o millón de metros cadrados. Por medio desta rede de distribución, a compañía abastece eficientemente todos os seus supermercados co obxectivo, ademais, de transportar cada vez máis mercadoría con menos recursos, e de permanecer "invisible" para o ámbito. A compañía destina importantes recursos á modernización da súa rede loxística, para a que diariamente traballan máis de 8.000 persoas e na que se investiu no momento do peche de 2018 un total de 257 millóns de euros.

Imaxe de cabeceira: Marta Mañez, Coordinadora do Bloque Loxístico de Zaragoza xunto co seu colaborador.