Lineal de chocolates dun supermercado de Mercadona

Mercadona incrementa un 60% as vendas das barras de chocolates polos cambios de hábitos do consumidor

28 de abril de 2020
  • As vendas destes produtos soben durante estes días porque o cliente aproveita a estancia na casa para dedicar máis tempo a cociñar e elaborar repostería e ademais “pica” máis entre horas.
  • A compañía conta con máis de 40 referencias distintas, dispoñibles segundo os gustos e costumes da zona onde se sitúe a tenda, e son elaboradas por máis de 10 provedores distintos.

 

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, incrementa un 60% as vendas de barras de chocolate de Hacendado polos cambios de hábitos do consumidor, xa que agora “O Xefe” (cliente) aproveita a súa estancia na casa para dedicar máis tempo a cociñar e elaborar repostería e ademais “pica” máis entre horas. A compañía conta con máis de 40 referencias distintas de barras de chocolate, dispoñibles segundo os hábitos e costumes da zona onde se sitúe a tenda.

De entre toda a selección de barras de chocolate de Mercadona, produto do que o cliente adoita consumir 1 ou 2 pastillas despois das comidas, entre horas ou mesturar con outros produtos como iogur, tortiñas, pan ou bolos, destacan as barras para fundir e gotas de chocolate, principalmente para a elaboración de repostería; e o chocolate en porcións, para tomar co café ou racionalizar o seu consumo.

Este produto, derivado do cacao e elaborado por máis de 10 provedores distintos, caracterízase por ser unha boa fonte de enerxía, conter gran cantidade de vitaminas e minerais como fósforo, magnesio, ferro, potasio, calcio, e substancias antioxidantes como os flavonoides. É un alimento estimulante debido á presenza de teobromina, que ao comelo xera unha sensación de pracer e benestar.

Lineal de chocolates dun supermercado de MercadonaLineal de chocolates dun supermercado de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará