Lineal de especias dun supermercado de Mercadona

Mercadona incrementa un 50% as vendas de especias polos cambios de hábitos do consumidor

24 de abril de 2020
  • As vendas destes produtos soben durante estes días porque o cliente cociña agora máis na casa.
  • Especias como a canela, o perexil, o ourego, o loureiro e o aderezo de fajitas, elaboradas polo Provedor Totaler Jesús Navarro destacan polo seu uso para a repostería, carnes, peixe, guisos e comida mexicana.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, incrementa un 50% as vendas de especias polos cambios de hábitos do consumidor, xa que agora “O Xefe” (cliente) cociña máis na casa. En concreto, detectouse un incremento nas especias utilizadas para a repostería, carnes, peixes, guisos e comida mexicana.

De entre toda a oferta de especias que a compañía ten dispoñible en toda a cadea, destacan unha serie de produtos que tiveron maior busca por parte dos clientes, principalmente para pratos máis laboriosos de carne e peixe, guisos, comida mexicana e repostería, e en concreto, elaboradas polo Provedor Totaler Jesús Navarro en Novelda (Alacant), destaca a canela en rama e moída, especia de sabor doce cun lixeiro toque picante ideal para sobremesas caseiras; as herbas aromáticas, o perexil e o ourego, perfectas para carnes e peixes; as follas de loureiro, indicadas para guisos, estufados, escabeches e peixes; e co fin de dar un toque mexicano á comida, o aderezo de fajitas.

Lineal de especias dun supermercado de MercadonaLineal de especias dun supermercado de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará