Millo doce e chícharos en conserva no liñal dun supermercado de Mercadona

Mercadona incrementa en máis dun 20% as vendas de millo doce e dos chícharos en conserva polos cambios de hábitos do consumidor

23 de maio de 2020
  • As vendas destes produtos, cultivados, no caso do millo en Navarra e en Albacete, e no caso do chícharo, en Navarra e en Zaragoza, soben durante estes días porque o cliente comeza a preparar pratos máis lixeiros de cara ao verán.
  • Estes produtos son elaborados polo Provedor Totaler Cidacos en Autol (A Rioxa).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, incrementa en máis dun 20% as vendas do millo doce e dos chícharos en conserva polos cambios de hábitos do consumidor, xa que “O Xefe” (cliente) comeza a preparar pratos máis lixeiros de cara ao verán. O millo doce de Mercadona utilízase xeralmente para ensaladas, e o chícharo en conserva de Mercadona como ingrediente para guisos, ensaladas ou guarnicións.

Estes produtos son elaborados polo Provedor Totaler Cidacos nas súas instalación de Autol (A Rioxa), cuxa materia prima é cultivada na súa gran maioría, no caso do millo, en Navarra e en Albacete, e no caso do chícharo, en Navarra e Zaragoza.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia diversas iniciativas levadas a cabo polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en este sentido.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Millo doce e chícharos en conserva no liñal dun supermercado de MercadonaMillo doce e chícharos en conserva no liñal dun supermercado de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará