Mercadona incrementa a súa facturación un 3,9%, ata os 21.623 millóns de euros, e crea 4.000 novos empregos fixos

02 de marzo de 2017

Consolida un ano de crecemento en emprego e facturación grazas ao desenvolvemento da estratexia “Oferta Eficaz”, a aposta pola innovación, o impulso aos produtos frescos e a colaboración con interprovedores e provedores especialistas para satisfacer e sorprender os clientes

  • Tras crear 4.000 novos postos de traballo estable e de calidade, a compañía pechou 2016 cun cadro de persoal de 79.000 persoas. A contribución tributaria de Mercadona, vía impostos e Seguridade Social, elévase a 1.468 millóns de euros en 2016.
  • O anuncio do proxecto internacional de Mercadona, coa entrada en Portugal, conxuntamente coa posta en marcha do Novo Modelo de Tenda Eficiente foron dous dos grandes fitos da compañía en 2016.
  • O beneficio neto ascende a 636 millóns de euros, un 4% máis; o investimento alcanza os 685 millóns de euros; e as vendas en volume crecen un 4%, ata os 11.071 millóns de quilos e litros (quilitros).
  • Un ano máis compartiu o beneficio total entre os compoñentes da compañía: 300 millóns entre os seus traballadores en concepto de prima por obxectivos e 250 millóns á Sociedade en concepto de impostos. E da cifra do beneficio neto, 515 millóns reinvestíronse na empresa como recursos propios, mentres o resto se repartiu entre os accionistas vía dividendos.
  • Para alcanzar os retos de 2017, Mercadona ten previsto o maior investimento da súa historia: entre 1.000 e 1.200 millóns de euros. "E ademais, tomou a decisión de sacrificar o beneficio neto, ata 200 millóns de euros, que representa unha terceira parte respecto ao de 2016 co obxectivo de poñer as bases do Mercadona do futuro”, manifestou Juan Roig. 

Mercadona revalidou en 2016 o seu compromiso coa creación de emprego estable e de calidade, ao xerar 4.000 novos postos con contrato fixo, que elevan o seu cadro de persoal a 79.000 persoas. Esta aposta pola creación de emprego responde á premisa de que canto maior é o compromiso e a satisfacción do traballador, más satisfeito está “O Xefe” (como internamente a compañía denomina os seus clientes), máis vendas se logran e máis emprego e benestar se crea na sociedade. Unha realidade que Mercadona volveu contrastar en 2016, ao incrementar a súa facturación un 3,9% ata alcanzar os 21.623 millóns de euros, fronte aos 20.831 millóns de 2015.

As vendas en volume aumentaron un 4%, ata os 11.071 millóns de quilos e litros (quilitros), mentres que o beneficio neto da compañía se situou en 636 millóns de euros, un 4% máis que en 2015.

Paralelamente, Mercadona reforzou o seu compromiso investidor, que alcanzou os 685 millóns de euros en 2016. Esta cantidade destinouse á apertura de 50 novos supermercados, o que fixo crecer a súa rede ata os 1.614, e á reforma doutros 35. Así mesmo, permitiu continuar coas obras de construción do Bloque Loxístico de Abrera (Barcelona), con varias das súas fases xa en funcionamento, e proseguir coas do Bloque Loxístico de Vitoria-Gasteiz e as do Centro de Proceso de Datos en Villadangos del Páramo (León). Tamén dentro do capítulo investidor da compañía debe incluírse a adquisición da parcela situada na localidade valenciana de Sagunt, concretamente en Parc Sagunt, para a construción do principal bloque loxístico regulador da compañía.

E é nese compromiso sostido que Mercadona ten coa creación de riqueza, emprego e esforzo investidor respecto á sociedade, onde se enmarca a contribución tributaria co país que en 2016 ascende ata os 1.468 millóns de euros. Deste total, 693 millóns de euros corresponden á Seguridade Social, 250 a impostos e 525 á recadación do IVE e do IRPF.

Compartir o beneficio xerado

Seguindo o principio de que "O éxito, se é compartido, sabe mellor", e aplicando un ano máis a fórmula 25/25/40/10.  Mercadona, do seu beneficio total xerado de 1.186 millóns de euros, repartiu un ano máis o 25% co cadro de persoal: 300 millóns de euros en concepto de prima por obxectivos, outro 25% das ganancias, 250 millóns, reverteu na Sociedade en concepto de impostos, un 40%, sobre 515 millóns, reinvestiuse na empresa como recursos propios, e o 10% restante repartiuse entre os accionistas vía dividendos.

O valor da prescrición: Satisfacer e sorprender "O Xefe"

En 2016, Mercadona estreitou a colaboración entre provedores, interprovedores e clientes para seguir logrando satisfacer e sorprender "O Xefe". Para iso, continuou reforzando a súa estratexia de lograr unha Oferta Eficaz, con máis de 300 novidades e 350 melloras de produtos, que tiveron una grande aceptación e son froito da colaboración compartida entre todas as partes da cadea, o que permitiu alcanzar unha taxa de éxito no lanzamento de novos produtos 4 veces superior á media do sector. Mostras desta colaboración e da escoita activa son, por exemplo, o zume de laranxa acabado de espremer, iniciativa que está permitindo vender unha media de 50 litros por tenda e día e que suporá unha cantidade de 75 millóns de quilos de laranxas en 2017; o proxecto de venda de Sushi, incorporado a día de hoxe en 17 tendas, cunha media de 105 unidades por tenda e día. Tamén a introdución de novos produtos na súa oferta, como as sementes de chía, a quinoa, o kale, o edamame, o allo negro ou o té matcha, entre outros, cuxo contido en nutrientes confire un alto beneficio para a saúde e que son coñecidos como superalimentos.

Así mesmo, e co obxectivo de ofrecer a máxima calidade ao prezo máis baixo posible, reforzou a estratexia, iniciada en 2012, de especializar aínda máis a súa oferta, para o que seguirá incrementando en 2017 o cadro de persoal nos departamentos de Prescrición e Compras.

No momento do peche de 2016 a compañía colabora con 126 interprovedores e máis de 500 provedores especialistas, que lle permitiron introducir, a través da prescrición e da colaboración conxunta, produtos con máis frescura, máis locais e máis especializados que, en definitiva, se adaptan mellor ás expectativas e aos costumes dos “Xefes".

Conciliación e compromiso co benestar dos traballadores

No seu compromiso co benestar dos traballadores, a compañía seguiu apostando pola conciliación familiar e laboral. Entre as iniciativas que fomenta neste ámbito, destaca, por exemplo, o feito de que en 2016 un 5% de traballadoras do cadro de persoal decidira ser nai ou que, ademais, 2.552 nais traballadoras optaran por alongar en 30 días os catro meses de baixa maternal establecidos legalmente. Tamén ao longo do ano, 17.800 traballadoras e traballadores gozaron de xornadas reducidas, mentres que nalgúns destes casos, ademais, levaron os seus fillos aos centros educativos infantís gratuítos que a compañía ten dende 2001 en catro dos seus bloques loxísticos: Huévar del Aljarafe (Sevilla), San Isidro (Alacant), Ciempozuelos (Madrid) e Abrera (Barcelona).

Como consecuencia destas medidas, así como da súa aposta polo emprego de calidade e o fomento do desenvolvemento profesional, a política de Recursos Humanos de Mercadona foi destacada pola Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente das Nacións Unidas. No estudo “O Emprego Atípico no Mundo”, sublíñase a forma de xestionar o cadro de persoal de Mercadona como unha das claves da súa estratexia de competitividade.

Impacto da actividade económica de Mercadona: 16.055 millóns de euros de compras en España

A través da súa actividade, e da aposta sostible pola industria alimentaria e polo sector primario español, Mercadona contribúe a impulsar a economía en España. Así o poñen de manifesto as compras realizadas, que en 2016 se incrementaron un 4%, ata a cantidade de 16.055 millóns de euros, o que significa que 12 de cada de 100 euros de compras á industria alimentaria en España as realiza Mercadona. Ao anterior, débese engadir o clúster industrial dos interprovedores e provedores especialistas que colaboran con Mercadona e que, coa súa actividade e cos seus investimentos, dinamizan igualmente a economía do noso país. No seu conxunto, este clúster en  2016 creou 3.154 novos postos de traballo, ata pechar o ano cun cadro de persoal total de 48.728 traballadores, 245 fábricas e un investimento conxunto durante o exercicio de 560 millóns de euros, que permitiron incorporar novas instalacións, así como poñer en marcha 65 liñas de produción e novas fábricas.

O conxunto de todo iso reflicte a importancia que a achega da compañía e a súa cadea de montaxe CASPOPDONA representan en España. O 1,8% do PIB (20.100 millóns de euros), o 3,8% dos empregos totais existentes no noso país (660.000 traballadores), ao tempo que realiza o 85% das súas compras en España.

Compromisos para 2017: Un investimento histórico de entre 1.000 e 1.200 millóns para transformar Mercadona

Co obxectivo de seguir crecendo a medio e longo prazo, Mercadona ten previsto seguir impulsando en 2017 as principais estratexias tratadas xa en 2016, como os seus novos modelos de venda, para o que ten  previsto duplicar o seu investimento en formación, que alcanzará os 100 millóns de euros.

 Ademais, iniciará o estudo do Proxecto en Liña da compañía e continuará o desenvolvemento da expansión en Portugal, onde xa adquiriu o terreo para unha das 4 tendas que ten previsto abrir en 2019. Paralelamente, vai cuadriplicar o investimento no mantemento das súas tendas e nas reformas destas, que serán 126; que xunto á apertura de 30 novos supermercados impulsarán a implantación do seu Novo Modelo de Tenda Eficiente, onde “O Xefe” poderá gozar do máximo servizo, cun espazo máis amplo, confortable e unha mellor disposición da oferta.

Igualmente continuará coa construción do Centro de Proceso de Datos en Villadangos del Páramo (León). Na área de loxística, iniciará a construción da nova plataforma que se converterá no seu principal bloque loxístico regulador na localidade valenciana de Sagunt, concretamente en Parc Sagunt, ademais continuará coa construción do bloque de Vitoria-Gasteiz e o de Abrera en Barcelona.

Para levar a cabo todos estes retos, destinados á transformación de Mercadona, a compañía ten previsto realizar o maior investimento da súa historia, de entre 1.000 e 1.200 millóns de euros, en 2017.

Este forte investimento vén dado pola decisión que os accionistas da compañía (O Capital) e o Comité de Dirección tomaron de quitar o foco nos beneficios a curto prazo en 2017 e 2018: "o capital da compañía non vai supoñer un freo para a transformación da empresa e por iso, concretamente, en 2017 redúcese o beneficio neto a 200 millóns de euros, unha terceira parte respecto a 2016", destacou o Presidente da compañía, Juan Roig. "Co obxectivo de sentar as bases do Mercadona do futuro decidiuse sacrificar os beneficios a curto prazo para que os movementos nos que Mercadona está inmersa avancen máis rapidamente e de forma sostida. Estamos convencidos do gran valor que esta decisión vai ter para mellorar a satisfacción dos 5 compoñentes da compañía no medio e longo prazo. Este é o modelo de empresa responsable e sólida que todos os que formamos Mercadona queremos", manifestou Juan Roig na rolda de prensa da compañía.

 

MERCADONA: ALGÚNS FEITOS RELEVANTES EN 2016

MERCADONA: ALGÚNS FEITOS RELEVANTES EN 2016

 

Juan Roig durante a Rolda de Prensa de Mercadona 2016.

 

 

Juan Roig y miembros del Comité de Dirección de Mercadona.Juan Roig e membros do Comité de Dirección de Mercadona durante a Rolda de Prensa de Mercadona 2016.

 

 

Memoria Anual 2016

Descargar