Biscoito Crema Abelá e Canas Surtidas da sección Forno de Mercadona

Mercadona incorpora dous novos doces na sección de forno e vende 8.000 unidades ao día

22 de maio de 2020
  • A compañía amplía a sección Forno con dous novos produtos, o Biscoito Crema Abelá e as Canas Surtidas, polos cambios de hábitos do consumidor, quen empeza a elaborar menos repostería na casa.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, amplía o surtido da sección Forno con dous novos produtos: o Biscoito Crema Abelá e as Canas Surtidas, e vende un total de 8.000 unidades ao día. Esta novidade, e a súa boa acollida, débese á gran calidade destes produtos, e aos cambios de hábitos do consumidor, xa que ao “Xefe” (cliente) cústalle menos compralo que facelo na súa casa.

O Biscoito Crema Abelá de Mercadona, dispoñible en toda a cadea, é elaborado por Pastisfred en Montblanc (Tarragona). Este novo doce caracterízase por ser un biscoito zumento cortado pola metade, recheo de crema de cacao e abelá, e cunha cobertura de chocolate negro con anaquiños de abelá e galleta moída. 

Por outro lado, as Canas Surtidas de Mercadona, canas de follado crocante e recheas, véndense nun pack composto por catro canas: dúas canas de cacao e outras dúas de crema pasteleira. Este produto tamén está en toda a cadea e é elaborado por Dulces Olmedo en Estepa (Sevilla).

Biscoito Crema Abelá no liñal de MercadonaBiscoito Crema Abelá no liñal de Mercadona.

Canas Surtidas no liñal de MercadonaCanas Surtidas no liñal de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará