Mercadona inaugura un nuevo supermercado en Madrid

Mercadona inaugura un novo supermercado en Madrid

Madrid, 29 de novembro de 2016
  • A compañía realizou un investimento de 1,5 millóns de euros na nova tenda Mercadona localizada na rúa Guatemala de Madrid.

  • O cadro de persoal componse de 54 traballadores con emprego estable e de calidade.

Mercadona abriu unha nova tenda en Madrid, concretamente no número 13 da rúa Guatemala. Foron investidos 1,5 millóns de euros neste establecemento, en cuxa construción participou unha media de 35 fornecedores, que deron emprego a máis de 130 persoas durante a fase de obra.

O centro conta cunha superficie de vendas de 1.626 metros cadrados, onde se localizan as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, alimentación envasada, perfumería, droguería e bebidas. Do mesmo xeito, destacan as renovadas seccións de produtos frescos, como a peixería, con peixe directo da rula; o forno a granel; e a sección de froita e vexetais, que aposta polos produtos de proximidade. Os 54 traballadores que compoñen o cadro de persoal dispoñen ademais de zonas de descanso e vestiarios, así como dunha sala de formación.

Por outro lado, o novo supermercado destaca polo seu carácter  eco-eficiente, pois incorpora un conxunto de medidas, como recuperadores da calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas, que reducen até nun 20% o consumo enerxético.

O horario de abertura da tenda é de luns a sábado de 9h00 a 21h30 e dispón de aparcadoiro para facilitar o acto de compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Do mesmo xeito, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.

Sempre Prezos Baixos

Esta nova abertura permite que os clientes de Mercadona se beneficien da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), utilizada pola compañía de forma exclusiva, e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a iso, Mercadona pode ofrecer aos seus clientes máis calidade por menos prezo, compromiso, en tempos como os actuais, máis importante que nunca para as economías familiares.

Mercadona na Comunidade de Madrid

Coa posta en andamento deste supermercado, Mercadona mantén a súa aposta decidida pola Comunidade de Madrid, onde contaba, no peche do ano 2015, con 170 tendas e un cadro de persoal de 9.160 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Do mesmo xeito, a compañía mantén relación comercial con 347 pemes desta comunidade e realiza compras a fornecedores desta comunidade por valor de 1.409 millóns de euros ao ano.