Mercadona inaugura un nuevo supermercado en Madrid

Mercadona inaugura un novo supermercado en Madrid

Madrid, 25 de novembro de 2016
  • Na nova tenda investíronse 3,8 millóns de euros.
  • O establecemento conta cun cadro de persoal de 52 traballadores con emprego estable e de calidade.

Mercadona abriu unha nova tenda en Madrid, concretamente na rúa Julián Hernández, 15 – rúa Asura, 56. A compañía investiu 3,8 millóns de euros neste supermercado, cuxo cadro de persoal se compón de 52 traballadores que posúen un emprego estable e de calidade.

O establecemento conta 

cunha superficie de sala de vendas de 1.434 metros cadrados, onde se localizan todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Na tenda destacan as renovadas seccións de produtos frescos como a da peixería, á que chega o peixe directo de rula; a de forno a granel; e a sección de froita e vexetais, en que se aposta polos produtos de proximidade. A tenda tamén ten habilitadas zonas de descanso e vestiarios para os traballadores, así como unha sala de formación do cadro de persoal. Por outra parte, na construción interviñeron 50 empresas fornecedoras, que deron emprego a unha media de 40 persoas durante a fase de obra.

O establecemento destaca ademais polo seu carácter eco-eficiente, pois incorpora unha serie de medidas (recuperadores da calor, temporizadores, portas automáticas e iluminación eficiente) que contribúen a reducir en até un 20% o consumo enerxético.

O supermercado abre as súas portas de luns a sábado, de 9h00 a 21h30, e dispón de aparcadoiro cun total de 46 prazas que facilitan o acto de compra a todos os clientes que se movan ao centro en vehículo privado. Do mesmo xeito, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e de compra online a través da páxina web.

Siempre Prezos Baixos

Esta nova abertura permite que os clientes de Mercadona se beneficien da súa política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), utilizada de forma exclusiva, e consistente en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Por este motivo, Mercadona pode ofrecer aos seus clientes máis calidade nos produtos por menos prezo, compromiso, en tempos como os actuais, moi importante para as economías familiares.

Mercadona na Comunidade de Madrid

Con esta nova tenda, Mercadona mantén a súa aposta pola Comunidade de Madrid onde, no peche do exercicio 2015, contaba con 170 tendas e un cadro de persoal de 9.160 persoas. Neste mesmo territorio, a compañía mantivo relación comercial con máis de 347 pemes e realizou compras a fornecedores madrileños por valor de 1.409 millóns de euros.