Mercadona

Mercadona inaugura un novo supermercado en Granadilla de Abona (Santa Cruz de Tenerife)

09 de decembro de 2016
  • A compañía investiu na nova tenda 4,5 millóns de euros.
  • O establecemento conta cun cadro de persoal de 31 traballadores con emprego estable e de calidade.

Mercadona abriu un novo supermercado en Granadilla de Abona (Santa Cruz de Tenerife), concretamente na Avenida Fundador Gonzalo González, s/n. No establecemento investíronse 4,5 millóns de euros e incorporáronse un total de 31 traballadores, que posúen un emprego estable e de calidade.

A tenda componse dunha superficie de sala de vendas de 1.750 metros cadrados, onde se localizan as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Destacan, entre todas elas, as renovadas seccións de produtos frescos, como a peixería, que inclúe peixe procedente directamente das Confrarías e Barcos contratados nas illas; a de forno a granel; e a de froita e vexetais, que aposta polos produtos de proximidade. O establecemento dispón tamén de zonas de descanso e vestiarios para os traballadores, e dunha sala de  formación tamén destinada para o cadro de persoal.

Cómpre subliñar aínda o carácter eco-eficiente do supermercado, que incorpora un conxunto de medidas (recuperadores da calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen o consumo enerxético até nun 20%.

O horario de abertura da nova tenda é de luns a sábado de 9h00 a 21h30, e dispón dun aparcadoiro de 132 prazas que facilitará a compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado.

Sempre Prezos Baixos

Os clientes que realicen a súas compras neste novo supermercado beneficiaranse da coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que Mercadona emprega de forma exclusiva. Consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade e de forma permanente. Deste xeito, a compañía pode ofrecerlles aos seus clientes a máxima calidade nos seus produtos por un prezo máis baixo.

Mercadona en Canarias

A abertura deste establecemento supón manter a aposta que Mercadona vén de realizar nas Canarias, onde no peche do exercicio 2015 contaba cun cadro de persoal de 4.096 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Ademais, a compañía mantén relación comercial co Sector Primario desta comunidade, con quen realiza compras por valor de 466 millóns de euros ao ano.