Momento da entrega ao Banco de Alimentos de Alacante.

Mercadona fai unha nova entrega de produtos ao Banco de Alimentos de Alacante

26 de septembro de 2017
  • A nova doazón de Mercadona, que consistiu en 5.600 litros de leite e 6.300 litros de aceite, súmase á colaboración que a cadea xa mantén co banco e outras entidades sociais de Alacante.

Mercadona realizou unha nova entrega de máis de 5.600 litros de leite e 6.300 litros de aceite ao Banco de Alimentos de Alacante. Esta entrega está enmarcada dentro do acordo de colaboración que a cadea de supermercados mantén co Banco de Alimentos da provincia. Con esta nova entrega, Mercadona xa doou ao Banco de Alimentos de Alacante máis de 95.000 quilos de produtos de primeira necesidade durante os cinco anos de vixencia do acordo que mantén con esta entidade.

Ademais, Mercadona vai colaborar como en anos anteriores na "Gran Recogida" que organiza no mes de decembro a FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) en que participan os diversos Bancos de Alimentos en toda España. Na provincia de Alacante, Mercadona tamén pon á disposición do Banco de Alimentos moitos dos seus supermercados como puntos de recollida de alimentos de primeira necesidade para que os clientes interesados poidan doar alimentos na iniciativa denominada "Operación Kilo”. Na edición do pasado 2016 recolléronse nas súas tendas uns 135.000 quilos de produtos básicos doados polos clientes. Alén do Banco de Alimentos, tamén colaborou con Cáritas parroquial ou coa Cruz Vermella en múltiples "Operaciones Kilo".

O Director do Banco de Alimentos de Alacante, Juan Vicente Peral, comentou: "Estámoslle moi agradecidos a Mercadona por continuar a colaborar connosco un ano máis renovando o seu compromiso de axudar as familias da provincia que máis o precisan”.   

Por outro lado, cómpre indicarmos que desde xuño de 2016 Mercadona colabora co Comedor Social da Asociación de Vecinos La Prosperidad de San Gabriel, en Alacante, doando acotío produtos que retira da venda mais que están en perfecto estado para o seu consumo. Con iso pretende axudar o comedor social do barrio de San Gabriel que prepara e serve comida acotío para unhas 100 persoas.

Mercadona colabora con máis de 120 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e distintas institucións e organizacións benéficas de toda España. En 2016 Mercadona doou 6.500 toneladas de alimentos, o que equivale a uns 108.000 carros da compra.

Imaxe de cabeceira: Juan Vicente Peral, Director do Banco de Alimentos de Alacante, xunto a Luis Consuegra, Director de Relacións Externas de Mercadona en Alacante.