Novo carro de Mercadona na zona de conxelados dun supermercado

Mercadona entrégalle ao Banco de Alimentos de La Rioja 5.000 quilos de produtos de primeira necesidade

29 de xuño de 2018
  • A cadea de supermercados doou 76,8 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2017 en La Rioja.

Mercadona doou ao Banco de Alimentos de La Rioja 5.000 quilos de produtos de primeira necesidade (leite, aceite e legumes cocidos). Renóvase así o convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades a través do cal Mercadona doou, nos últimos cinco anos, ao Banco de Alimentos de La Rioja 21.000 quilos de produtos de primeira necesidade. Este convenio tamén permitiu a participación dos supermercados de Mercadona nas campañas denominadas “Gran Recollida” e “Operación Quilo” onde a resposta solidaria dos seus clientes permitiu sumar máis quilos de produtos aos doados por Mercadona.

Na entrega estiveron presentes José Manuel Pascual-Salcedo, presidente do Banco de Alimentos de La Rioja, e Imanol Flandes, director de Relacións Externas de Mercadona en La Rioja. Flandes subliñou que “accións coma esta son estratéxicas para impulsar o crecemento compartido que promovemos dende Mercadona”. Pascual-Salcedo, pola súa parte, agradeceu “que Mercadona manteña o seu compromiso coa solidariedade rioxana a través dun convenio que ano a ano seguimos asinando, que é o mellor exemplo para seguir axudando aos case 11.000 rioxanos que se encontran en situación de necesidade, moitos deles xa nunha pobreza crónica coa que debemos loitar dende moi diferentes frontes”.

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta colaboración co Banco de Alimentos de La Rioja, senón que tamén colabora diariamente co comedor social Cociña Económica, de Logroño, doando produtos de primeira necesidade. Estas colaboracións alcanzaron, o ano pasado, 76,8 toneladas de alimentos doados en La Rioja.

Sobre Mercadona en La Rioja

Mercadona conta con 9 tendas en La Rioja (5 en Logroño e 1 en Alfaro, Arnedo, Calahorra e Haro) e un cadro de persoal de 517 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Ademais, a compañía mantén relación comercial con 805 pemes e en 2017 realizou compras a provedores rioxanos por valor de 357 millóns de euros, un 9,5% máis que o ano anterior. A aposta de Mercadona pola froita e verdura de proximidade fixo que compre, en La Rioja, 3,8 millóns de quilos de cogomelos e champiñóns, e 2,3 millóns de quilos de pera conferencia así como 346.000 quilos de coliflor de Calahorra.

Sobre o Banco de Alimentos de La Rioja

O Banco de Alimentos de La Rioja é unha fundación benéfica de carácter social, aconfesional e sen ánimo de lucro que está integrada na Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) e na Federación Europea de Bancos de Alimentos (FEBA). Formada por un grupo de voluntarios rioxanos encárgase de recoller alimentos procedentes de excedentes de empresas de alimentación e doazóns de particulares e repartilos entre a xente necesitada de La Rioja. En 2017 distribuíron, a través de 103 entidades colaboradoras, un total de 1.198.540 quilos de alimentos a 10.784 beneficiarios.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos interprovedores a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.