Furgonetas de Mercadona nun dos supermercados da cadea.

Mercadona entrégalle ao Banco de Alimentos da Rioxa 4.500 quilos de produtos de primeira necesidade

28 de xullo de 2017
  • A cadea de supermercados doou 88,6 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2016 na Rioxa.

Mercadona dooulle ao Banco de Alimentos da Rioxa 4.500 quilos de produtos de primeira necesidade. Concretamente tratouse de leite, aceite e legumes cocidos. Renóvase deste xeito o convenio de colaboración entre ambas as entidades a través do que Mercadona, nos últimos catro anos, lle ten doado ao Banco de Alimentos da Rioxa máis de 16.000 quilos de produtos de primeira necesidade. Este convenio tamén permitiu a participación dos supermercados de Mercadona nas campañas denominadas ”Gran Recogida”. En 2016 a resposta solidaria dos seus clientes nestas campañas permitiu sumar case 40.000 quilos de produtos aos doados por Mercadona.

Na entrega estiveron presentes José Manuel Pascual-Salcedo, presidente do Banco de Alimentos da Rioxa, e Imanol Flandes, xerente de Relacións Externas de Mercadona na Rioxa. Flandes agradeceu o traballo cotián que realizan desde o Banco de Alimentos da Rioxa e explicou que esta doazón, que se enmarca dentro da nosa política de responsabilidade social corporativa, énchenos de orgullo. Pola súa parte, Pascual-Salcedo subliñou que grazas a accións coma esta, que en moitas ocasións son espello para que outras empresas se sumen á doazón, podemos continuar a axudar os máis necesitados. O ano pasado, en concreto, a 12.454 persoas.

Como parte da súa responsabilidade social corporativa, Mercadona non só realiza esta colaboración co Banco de Alimentos da Rioxa, senón que tamén colabora acotío co comedor social Cocina Económica de Logroño, que reparte unha media de 250 racións ao día.

A colaboración con entidades sociais na Rioxa, durante 2016, atinxiu as 88,6 toneladas de alimentos doados. Mercadona colabora con máis de 120 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e entidades benéficas de toda España e, en 2016, doou 6.500 toneladas de alimentos, o que equivale a uns 108.000 carros da compra.

Sobre Mercadona na Rioxa

Mercadona mantén a súa aposta decidida pola Rioxa, onde conta con 9 tendas (5 en Logroño e 1 en Alfaro, Arnedo, Calahorra e Haro) e un cadro de persoal de 495 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Alén diso, a compañía mantén relación comercial con 805 pemes e en 2016 realizou compras a fornecedores rioxanos por valor de 326 millóns de euros, un 8 % máis que no ano anterior. A aposta de Mercadona pola froita e os vexetais de proximidade fixo que, durante a última campaña, comprase máis de 176.000 quilos de coliflor de Calahorra.

Sobre o Banco de Alimentos da Rioxa

O Banco de Alimentos da Rioxa é unha fundación benéfica de carácter social, aconfesional e sen ánimo de lucro que está integrada na Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) e na Federación Europea de Bancos de Alimentos (FEBA). Formado por un grupo de voluntarios rioxanos, encárgase de recoller alimentos procedentes de excedentes de empresas de alimentación e doazóns de particulares e de os repartir entre a xente carenciada da Rioxa. En 2016 distribuíron, a través de 104 entidades colaboradoras, un total de 1.329.423 quilos de alimentos a 12.454 beneficiarios.