Entrega de alimentos por parte de Mercadona

Mercadona entrégalle á Federación Galega de Bancos de Alimentos máis de 4.000 quilos de produtos de primeira necesidade

30 de outubro de 2018
  • Mercadona reforza así o convenio que mantén coa entidade dende 2012.
  • Mercadona doou máis de 773 toneladas de alimentos en 2017 a diversas entidades benéficas e comedores sociais de Galicia.

Mercadona doou á Federación Galega de Bancos de Alimentos máis de 4 toneladas de produtos de primeira necesidade; refórzase así o convenio de colaboración que ambas as dúas entidades manteñen dende 2012 e a través do que Mercadona doou á entidade produtos de primeira necesidade durante os últimos 6 anos.

Mercadona usou a súa propia rede loxística para achegar a doazón ao almacén que o Banco de Alimentos da capital de Galicia ten no Polígono do Tambre. Na entrega estiveron presentes José Pita, representando a Federación e Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia. Pita agradeceulle a Mercadona "a súa resposta solidaria sempre que se necesita, contribuíndo a reforzar o labor das entidades que traballamos en Galicia en favor dos máis desfavorecidos". Rivas, á súa vez, recoñeceu "o extraordinario labor da entidade apoiando a diario as persoas con menos recursos”.

Acción social de Mercadona en Galicia

Con esta colaboración, a cadea de supermercados consolida o seu programa de axuda con diversas entidades sociais galegas, reforzando o seu compromiso co ámbito social onde desenvolve a súa actividade, xa que ademais das doazóns realizadas á Federación Galega de Bancos de Alimentos, Mercadona doa alimentos de primeira necesidade a outras entidades benéficas da comunidade, como Cáritas, e colabora diariamente con 12 comedores sociais situados en diferentes cidades de Galicia. A través de todas estas accións solidarias, Mercadona doou en 2017 máis de 773 toneladas de alimentos a diversas entidades benéficas e comedores sociais da comunidade.

Responsabilidade Social de Mercadona

Mercadona seguiu desenvolvendo o seu plan de acción social por medio do apoio a diversas entidades sociais contribuíndo así a desenvolver o seu importante labor de axuda. En total, e a través de diversas iniciativas nas que participou, en 2017 doou 9.600 toneladas de alimentos, o que supón 3.100 toneladas máis que o ano anterior.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.