Furgoneta de repartición de Mercadona

Mercadona entrégalle 4.500 quilos de produtos de primeira necesidade á Fundación Banco de Alimentos de Navarra

27 de xuño de 2018
  • A cadea de supermercados doou máis de 208 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2017 en Navarra a distintas entidades.

Mercadona doou á Fundación Banco de Alimentos de Navarra (BAN) 4.500 quilos de produtos de primeira necesidade. Concretamente, tratouse de leite, aceite de oliva e de xirasol e legumes cocidos. Renóvase así o convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades, que comezou en 2013. Dende entón, Mercadona doou ao BAN 17.000 quilos de produtos de primeira necesidade. Este convenio tamén permitiu a participación dos supermercados de Mercadona en Navarra nas campañas denominadas “Gran Recollida” onde a resposta solidaria dos seus clientes permitiu sumar máis quilos de produtos aos doados por Mercadona.

Na entrega estiveron presentes Joaquín Fernández, presidente da Fundación Banco de Alimentos de Navarra, e Imanol Flandes, director de Relacións Externas de Mercadona en Navarra. Flandes explicou que “esta colaboración co BAN permítenos devolverlle á sociedade parte do que recibimos dela”. Pola súa parte Fernández agradeceu “esta axuda, que nos serve para continuar co noso obxectivo de mellorar as condicións alimentarias das persoas en risco ou situación de exclusión social”.

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só colabora co BAN, tamén lle entrega diariamente produtos de primeira necesidade á Fundación Ilundáin Haritz Berri, a Las Hermanitas de los Pobres de Pamplona, ao comedor solidario Paris 365 e á Escola Taller de Estella-Lizarra. Todas estas colaboracións alcanzaron, durante 2017, más de 208 toneladas de alimentos doados.

Mercadona en Navarra

Mercadona conta con 11 tendas en Navarra e un cadro de persoal de 574 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Ademais, a compañía mantén relación comercial con 714 pemes desta comunidade e en 2017 realizou compras a provedores navarros por valor de 394 millóns de euros, un 45% máis que o ano anterior. Exemplos dos seus provedores agroalimentarios e da súa aposta polo produto local, son a compra de 1 millón quilos de alcachofa en Tudela, 6.000 quilos de espárrago branco con IXP Navarra, 4,3 millóns de quilos de cebola, 2,5 millóns de quilos de endivias, 1,3 millóns de unidades de leituga Batavia e máis de 13.000 anellos.

Sobre a Fundación Banco de Alimentos de Navarra

O Banco de Alimentos de Navarra (BAN) é unha fundación benéfica, sen ánimo de lucro, integrada nas Federacións Española (FESBAL) e Europea (FEBA) de Bancos de Alimentos dende 1996, que ten como obxectivo prioritario a mellora das condicións alimentarias dos grupos de persoas en risco ou situación de exclusión social, como base para a súa integración, e a loita contra o desperdicio alimentario. En 2017 os 180 voluntarios do BAN distribuíron 3.714 toneladas de alimentos, a través de 210 entidades sociais de Navarra, o que permitiu entregar 102 quilos por persoa a cada un dos 32.791 usuarios do BAN.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos interprovedores a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.