Bolsa de rafia a se encher nunha caixa dun supermercado Mercadona

Mercadona entrégalle 4.000 quilos de alimentos ao Banco de Alimentos de Huelva

18 de outubro de 2017
  • A compañía colabora con cinco comedores sociais da provincia, con entregas cotiás de produtos de primeira necesidade.

A compañía de supermercados Mercadona, no marco do convenio de colaboración subscrito co Banco de Alimentos de Huelva, fixo entrega de 4.000 quilos de produtos de primeira necesidade para os distribuír entre as persoas máis carenciadas, a través das diferentes entidades benéficas que colaboran co Banco de Alimentos.

En virtude do devandito acordo, Mercadona volveu participar, ademais, na organización das operacións quilo que ten realizado o Banco de Alimentos nos seus supermercados ao longo de todo o 2017, en que participaron un total de 20 tendas.

Desde o Banco de Alimentos de Huelva, o seu presidente, Juan Manuel Diaz, afirmou "estarlles moi agradecido a aquelas empresas que como Mercadona contribúen ao proxecto da nosa entidade".

Por outro lado, cómpre destacarmos que a compañía continúa a desenvolver o seu plan de acción social por medio do apoio a diferentes institucións e entidades sociais en Huelva, provincia en que xa colabora co Comedor Social Virgen de la Cinta, en Huelva capital, e con outros tres comedores en Lepe, Cartaya e Ayamonte, aos que sumou recentemente o Comedor Social Manos Solidarias, en Isla Cristina. A compañía de supermercados tamén colaborará co Banco de Alimentos de Huelva na Gran Recollida de Alimentos que se celebrará os días 1 e 2 de decembro do presente ano. Durante o ano 2016 Mercadona entregoulles máis de 147.000 quilos de alimentos a diferentes entidades sociais na provincia de Huelva.