Luis Consuegra (Director Provincial Relacións Externas de Mercadona) e Juan Vicente Peral (Director Banco de Alimentos Alacant)

Mercadona entrégalle 10.800 litros de leite ao Banco de Alimentos de Alacant

19 de novembro de 2019
  • Na provincia de Alacant a compañía tamén colaborará na Gran Recollida que organiza a FESBAL os próximos 22 e 23 de novembro.

Mercadona realizou unha nova entrega de 10.800 litros de leite ao Banco de Alimentos de Alacant. Esta entrega está enmarcada dentro do acordo de colaboración que a cadea de supermercados mantén co Banco de Alimentos da provincia. Con esta nova entrega, Mercadona doou ao Banco de Alimentos de Alacant máis de 118.000 quilos de produtos de primeira necesidade durante os sete anos de vixencia do acordo que mantén con esta entidade.

Ademais Mercadona vai colaborar, como en anos anteriores, na Gran Recollida que organiza o próximo 22 e 23 de novembro a FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e na que participan os diversos Bancos de Alimentos en toda España. Na provincia de Alacant Mercadona poñerá a disposición do Banco de Alimentos, moitos dos seus supermercados como puntos de recollida de alimentos de primeira necesidade, para que todos os clientes interesados poidan doar alimentos coa “operación quilo”. Na edición do pasado 2018 recolléronse nas súas tendas máis de 136.000 quilos de produtos básicos doados polos clientes.

O Director do Banco de Alimentos de Alacant Juan Vicente Peral comentou  "estamos moi agradecidos a Mercadona por seguir ano tras ano reforzando o seu compromiso e a súa colaboración con nós axudando ás familias da provincia que máis o necesitan, así como pola súa disposición a participar na recollida de alimentos anual que realizamos".

Un modelo de Responsabilidade Social na Provincia de Alacant  

Na súa aposta polo crecemento compartido, Mercadona reforzou ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na provincia para contribuír ao desenvolvemento e ao progreso sostible da sociedade da que forma parte por medio de diferentes iniciativas. Con máis de 46.400 kg de alimentos doados á Fundación Banco de Alimentos de Alacant. Ademais colaborou en diferentes “Operacións Quilo” con Cruz Roja, Cáritas e outras entidades benéficas.

Dende xuño de 2016 Mercadona tamén colabora co Comedor Social da Asociación Social La Prosperidad de San Gabriel, en Alacant, e dende febreiro deste ano co Comedor Social La Sal de la Tierra, do barrio de El Pla en Alacant, doando diariamente produtos que retira da venda pero que están en perfecto estado para o seu consumo. Con iso preténdese axudar a ambos os dous comedores sociais que preparan e serven comida a diario para máis de 150 persoas.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 170 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España. En 2018 a compañía doou 8.300 toneladas de alimentos, o equivalente a 140.000 carros da compra.

Imaxe de cabeceira: Luis Consuegra (Director Provincial Relacións Externas de Mercadona) e Juan Vicente Peral (Director Banco de Alimentos Alacant).