Entrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona ao Banco de Alimentos de León

Mercadona entrega máis de 93 toneladas de produtos ao Banco de Alimentos de León en 2020

13 de maio de 2020
  • A compañía colabora de novo co Banco de Alimentos de León entregando, nesta ocasión, 6.500 kg de produtos de primeira necesidade.
  • Mercadona reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19, e dá resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • A compañía, ata o momento, doou ás distintas entidades e organizacións sociais de Castilla y León máis de 525 toneladas de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 1.061 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Castilla y León.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, entregou xa máis de 93 toneladas de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de León no que vai de ano. Mercadona afianza así a súa relación con esta organización, coa que leva anos colaborando a través da doazón de produtos e a participación en operacións quilo.

Esta acción súmase a outras medidas postas en marcha por Mercadona co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos como a reactivación das doazóns de produtos de primeira necesidade aos comedores sociais cos que viña colaborando en León como a Asociación Leonesa de la Caridad, Centro Social Pio XII, Residencia Hogar San José, Centro Social San Genadio ou Las Hermanitas de los Ancianos Desamparados.

Juani Pérez, Secretaria Provincial do Banco de Alimentos de León, quixo destacar: “A axuda prestada por Mercadona está sendo fundamental. Trátase de doazóns de produtos menos habituais no Banco de Alimentos e que enriquecen os lotes que se entregan a familias en risco, familias con nenos e persoas vulnerables. Sen esta axuda, o valor económico e nutricional dos lotes sería moito menor. O noso agradecemento enorme en nome de todos os usuarios que reciben as doazóns que chegan de Mercadona”.

Mercadona, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Castilla y León, aos que doou 1.061 toneladas de alimentos en 2019. No que vai de ano, a compañía xa doou ás distintas entidades e organizacións sociais de Castilla y León máis de 525 toneladas de produtos e alimentos.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 4.509 toneladas de alimentos, 4.304 en España e 205 en Portugal, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Entrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona ao Banco de Alimentos de LeónEntrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona ao Banco de Alimentos de León.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará