Representantes do Banc dels Aliments e de Mercadona nun momento da doazón

Mercadona entrega máis de 68.700 paquetes de macarróns ao Banc dels Aliments de Barcelona

27 de outubro de 2021
  • Colabora diariamente con 156 entidades sociais e organizacións benéficas de Barcelona, Tarragona, Girona e Lleida, e participan os 250 supermercados que a cadea ten en Catalunya.
  • De xaneiro a setembro, a compañía entregou máis de 3,8 millóns de quilos de alimentos a entidades sociais catalás, que se suman aos máis de 3 millóns doados durante 2020.
  • Reforza o seu compromiso solidario e continúa incrementando as doazóns a consecuencia da situación derivada da COVID-19.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fixo efectiva hoxe a entrega de 68.768 paquetes de macarróns (que equivalen a 34.384 quilos) ao Banc dels Aliments de Barcelona.

A nova doazón realizada hoxe ao Banc dels Aliments de Barcelona forma parte das que a cadea está levando a cabo a varias entidades sociais e organizacións benéficas de Catalunya como consecuencia da situación derivada da pandemia. En total, durante os primeiros nove meses do ano, entregou 3.846.000 quilos de alimentos, tanto secos como frescos, e artigos  de hixiene persoal que se suman aos máis de 3 millóns de quilos (concretamente 3.046.000) doados durante 2020, ano no que duplicou as doazóns.

Mercadona colabora diariamente con 156 entidades sociais e organizacións benéficas de todo o territorio como os catro bancos de alimentos de Barcelona, Tarragona, Girona e Lleida e as súas entidades colaboradoras, a Cruz Vermella en Catalunya e o banco de produtos non alimenticios La Nau, entre outras. Do total de entidades, a maioría colaboradoras dos catro bancos de alimentos, 98 corresponden ás comarcas de Barcelona, 27 ás de Tarragona, 22 ás de Girona e 9 ás comarcas ilerdenses. Ademais, hai que engadir que foi ampliando progresivamente o número de supermercados que realizan doazóns de produtos non aptos para a venda, pero si para o seu consumo e, dende hai máis dun ano, participan todas as tendas que a cadea ten en Catalunya, 250 en total.

Das 3.846 toneladas doadas no que vai de ano, máis de 2.500 repartíronse entre as entidades sociais das comarcas de Barcelona, 706 entre as de Tarragona, e 426 e 204 foron ás comarcas de Girona e de Lleida, respectivamente.

Dende principios de ano, a compañía fixo efectivas diversas doazóns de produtos de primeira necesidade ao Banc dels Aliments de Barcelona. Neste sentido, a presidenta da Federación Catalá de Bancos de Alimentos, Roser Brutau, lembrou "a actual situación de emerxencia social derivada da pandemia da COVID-19 que están sufrindo os bancos de alimentos, cun incremento das persoas atendidas dun 35 %" e destacou “o reto que significa poder garantir unha repartición de alimentos suficientes e, ao mesmo tempo, variados e saudables; por iso, é necesaria a colaboración das empresas de alimentación e da gran distribución para alcanzar este gran reto e poder dar resposta á demanda social de alimentos".

Pola súa parte, o director de Relacións Externas de Mercadona en Barcelona Norte e Girona, Santi Mont, destacou "o importante labor que está levando a cabo o Banc dels Aliments de Barcelona, así como o resto de entidades sociais e organizacións benéficas de Catalunya" e sinalou que "en nove meses xa doamos máis de 3,8 millóns de quilos de alimentos e artigos de hixiene persoal, cifra que supera os máis de 3 millóns do exercicio 2020, ano no que as doazóns se duplicaron. Isto representa para a compañía a satisfacción de levar a cabo os  nosos obxectivos de solidariedade e responsabilidade social para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas das persoas máis necesitadas".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, Mercadona desenvolve o Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. No marco desta política, colabora con máis de 290 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, aos que realiza doazóns diariamente, e participa nas campañas de recollida de alimentos que estas entidades organizan. De feito, en 2020 a compañía doou a todas estas entidades un total de 17.000 toneladas de alimentos, das cales máis de 3.000 en Catalunya. Estas cantidades fóronse incrementando dende que tomou a decisión de reforzar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade ás entidades sociais e organizacións benéficas coas que colabora habitualmente.

Sobre os bancos de alimentos cataláns

Actualmente, os bancos de alimentos cataláns atenden 267.000 persoas, un 35 % máis que antes da COVID-19. En 2020 distribuíron 30 millóns de quilos a través de 628 entidades de axuda social. As consecuencias sociais provocadas pola pandemia son persistentes e moitas persoas teñen dificultades para cubrir as necesidades básicas.

Mercadona entrega produtos de primeira necesidade ao Banc dels Aliments de BarcelonaEntrega de produtos de primeira necesidade ao Banc dels Aliments de Barcelona.

Durante a entrega de Mercadona de produtos de primeira necesidade ao Banc dels Aliments de BarcelonaRepresentantes do Banc dels Aliments e de Mercadona nun momento da doazón feita hoxe.