Responsables da Cruz Vermella e Mercadona en Catalunya nun momento da doazón

Mercadona entrega máis de 6.000 quilos de legumes cocidos á Cruz Vermella en Catalunya

13 de decembro de 2021
  • Colabora diariamente con 156 entidades sociais e organizacións benéficas de Barcelona, Tarragona, Girona e Lleida, e participan os 251 supermercados que a cadea ten en Catalunya.
  • De xaneiro a novembro, a compañía entregou máis de 4,7 millóns de quilos de produtos de primeira necesidade a entidades sociais catalás, que se suman aos máis de 3 millóns doados durante 2020.
  • Reforza o seu compromiso solidario e continúa incrementando as doazóns a consecuencia da situación derivada da COVID-19.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fixo efectiva a entrega de 6.041 quilos de garavanzos cocidos (que equivalen a 10.640 tarros de 570 gramos cada un) á Cruz Vermella en Catalunya.

A nova doazón realizada á Cruz Vermella forma parte das que a cadea está levando a cabo a varias entidades sociais e organizacións benéficas de Catalunya a consecuencia da situación derivada da pandemia. En total, dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro, entregou 4.738.000 quilos de alimentos, tanto secos como frescos, e artigos de hixiene persoal que se suman aos máis de 3 millóns de quilos (3.046.000) doados durante 2020, ano no que duplicou as doazóns.

Mercadona colabora diariamente con 156 entidades sociais e organizacións benéficas de todo o territorio como os catro bancos de alimentos de Barcelona, Tarragona, Girona e Lleida e as súas entidades colaboradoras, a Cruz Vermella en Catalunya e o banco de produtos non alimenticios La Nau, entre outras. Do total de entidades, 98 corresponden ás comarcas de Barcelona, 27 ás de Tarragona, 22 ás de Girona e 9 ás comarcas ilerdenses. Ademais, hai que engadir que foi ampliando progresivamente o número de supermercados que realizan doazóns de produtos non aptos para a venda, pero si para o seu consumo e, dende hai máis dun ano, participan todas as tendas que a cadea ten en Catalunya, 251 en total.

Dos máis de 4,7 millóns de quilos doados no que vai de ano, máis de 3 millóns de quilos repartíronse entre as entidades sociais das comarcas de Barcelona, 850 entre as de Tarragona, e 505 e 249 foron ás comarcas de Girona e de Lleida, respectivamente.

Dende principios de ano, a compañía fixo efectivas diversas doazóns de produtos de primeira necesidade á Cruz Vermella. Neste sentido, o presidente da Cruz Vermella en Catalunya, Josep Quitet, sinalou que "a doazón sostida e continuada de alimentos durante a pandemia da COVID-19 foi absolutamente imprescindible para loitar contra a situación de vulnerabilidade sobrevida das familias directamente afectadas pola crise sanitaria, social e económica, pero é tamén un firme compromiso cara á consecución do primeiro Obxectivo de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, que é o de 'Fame Cero'".

Pola súa parte, o director de Relacións Externas de Mercadona en Catalunya, Bernat Morales, destacou "o importante labor que está levando a cabo a Cruz Vermella, así como o resto de entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña" e sinalou que "de xaneiro a novembro levamos doados más de 4,7 millóns de quilos de alimentos e artigos de hixiene persoal, cifra que supera amplamente as máis de 3.000 toneladas do exercicio 2020, ano no que as doazóns se multiplicaron por dúas. Isto representa para a compañía a satisfacción de levar a cabo os nosos obxectivos de solidariedade e responsabilidade social para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas das persoas máis necesitadas".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, Mercadona desenvolve o Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. No marco desta política, colabora con máis de 290 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, aos que realiza doazóns diariamente, e participa nas campañas de recollida de alimentos que estas entidades organizan. De feito, en 2020 a compañía doou a todas estas entidades un total de 17.000 toneladas de alimentos, das cales máis de 3.000 en Catalunya. Estas cantidades fóronse incrementando dende que tomou a decisión de reforzar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade ás entidades sociais e organizacións benéficas coas que colabora habitualmente.

Con respecto a Catalunya, traballa con 156 entidades sociais e organizacións benéficas de Barcelona, Tarragona, Lleida e Girona, ás que doa alimentos diariamente e participan os 251 supermercados que a cadea ten no territorio.

Unha resposta integral e coordinada da Cruz Vermella

Dende o inicio da pandemia en marzo de 2020 ata este decembro, o Plan Cruz Vermella RESPONDE ante o coronavirus prestou apoio humanitario a máis de 601.396 persoas, que recibiron atención humanitaria de primeira necesidade: alimentos e outros produtos básicos. A través deste plan, distribuíronse máis de 4,5 millóns de quilos de alimentos (4.775.850 kg), 111.309 paquetes de axuda básica e 72.773 tarxetas de pagamento previo.

Máis de 6.000 persoas incorporáronse como voluntarias durante a pandemia para poder sacar adiante estas accións humanitarias.

Ao longo desta crise, conseguíronse 420 colaboracións empresariais, ben sexan doazóns de produtos, achegas económicas ou colaboracións doutras tipoloxías, como a cesión de espazos, de vehículos ou de maquinaria industrial.

Responsables da Cruz Vermella e Mercadona en Catalunya nun momento da doazón

Responsables da Cruz Vermella e Mercadona en Catalunya nun momento da doazón.

Entrega de produtos de Mercadona á Cruz Vermella en Catalunya

Entrega de produtos de Mercadona á Cruz Vermella en Catalunya.