Logo fachada tenda Mercadona

Mercadona entrega máis de 42.000 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Ceuta

30 de decembro de 2020
  • A compañía doou ata o momento, ao Banco de Alimentos e á Fundación Cruz Blanca, 98 toneladas de produtos e alimentos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou máis de 42.000 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Ceuta durante 2020 froito de reforzar o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19.

Rafa Piñero, Director de Relacións Externas de Mercadona en Cádiz, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensificou o seu Modelo Responsable colaborando co Banco de Alimentos e coa Fundación Cruz Blanca, entidades ás que doou, no que vai de ano, máis de 98 toneladas de produtos de primeira necesidade, un 252 % máis que en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nunha situación de extraordinaria complexidade como a que estamos vivindo”.

Por outro lado, Pedro Mariscal, presidente do Banco de Alimentos de Ceuta, agradece o labor da compañía “polas súas continuas doazóns nun ano especialmente complicado derivado da pandemia que sufrimos e que fixo que as necesidades das familias aumentasen exponencialmente. Sen a solidariedade e a axuda de empresas como Mercadona sería imposible seguir prestando axuda aos centos de familias que atendemos”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, como parte do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte deste plan, Mercadona colabora con máis de 289 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 16.505 toneladas de alimentos, 15.498 en España e 1.007 en Portugal, cantidades que se incrementaron dende que a compañía tomase a decisión de reforzar as doazóns aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liñas estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo deste. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías más limpas e eficientes.

Mercadona é socio dende o ano 2011do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Logo EActiVate