Mercadona entrega 3.500 kilos de productos  Banco alimentos

Mercadona entrega 3.500 quilos de produtos á Fundación Banco de Alimentos de Navarra

03 de novembro de 2016
  • Os produtos destinaranse a preto de 35.000 usuarios do Banco de Alimentos de Navarra.
  • En 2015, Mercadona doou 4.200 toneladas de produtos a entidades sociais de toda España.

A Fundación Banco de Alimentos de Navarra (BAN) recibiu 3.500 quilos de produtos doados por Mercadona. Trátase de alimentos de primeira necesidade que a asociación solicitou previamente á compañía, concretamente leite, aceite de oliva e de xirasol e legumes cocidos.

Durante a entrega estiveron presentes tanto o presidente da Fundación Banco de Alimentos de Navarra, Gregorio Yoldi, como o xerente de Relacións Externas de Mercadona en Navarra, Imanol Flandes, quen afirmou a vontade da empresa de “continuar a reforzar” o seu labor social en Navarra. Pola súa parte, Yoldi destacou o apoio que supuña para a Fundación a doazón recibida: “Sen este tipo de accións non poderiamos axudar os case 35.000 navarros aos cales chegan os nosos alimentos”.

Mercadona mantén un convenio de colaboración co dito organismo desde 2013, e xa doou 8.500 quilos de produtos de primeira necesidade desde entón. Deste xeito, o acordo permitiu que os supermercados da compañía participen nas campañas chamadas “Gran Recollida” de Navarra.

Doazóns de alimentos Mercadona

No seu compromiso coa Sociedade, Mercadona colabora anualmente con diferentes institucións e entidades sociais. Estas accións fixeron que o pasado exercicio, a compañía doase un total de 4.200 toneladas de produtos a máis de 100 comedores sociais, 55 bancos de alimentos e organizacións sociais de todo o país.

Sobre a Fundación Banco de Alimentos de Navarra

O Banco de Alimentos de Navarra (BAN) é unha fundación benéfica, integrada nas Federacións Española e Europea de Bancos de Alimentos (FESBAL) desde 1996, que ten como obxectivo prioritario a mellora das condicións alimentarias dos grupos de persoas en risco ou situación de exclusión social, como base para a súa integración. En 2015 unha media de 184 voluntarios do BAN distribuíu 4,3 millóns de quilos de alimentos, a través de 243 entidades sociais de Navarra, o que permitiu entregar 118 quilos por persoa a cada un dos máis de 35.000 usuarios do BAN.