AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Logo Mercadona na porta da tenda

Mercadona entrega 3.000 quilos de produtos ao Banco de Alimentos de Araba

02 de agosto de 2019
  • Mercadona doou máis de 921.000 quilos de produtos de primeira necesidade en 2018 en Euskadi.

Mercadona doou ao Banco de Alimentos de Araba 3.000 kg de produtos de primeira necesidade, concretamente, tratouse de leite, aceite e legumes cocidos. Esta acción supuxo a renovación do convenio de colaboración que Mercadona mantén co Banco de Alimentos de Araba, dende a súa implantación no territorio. O convenio inclúe, ademais, outras axudas, como a doazón diaria de produtos de primeira necesidade e a participación nas distintas campañas de recollida de alimentos que organiza o Banco de Alimentos de Araba.

Na entrega estiveron presentes Daniel Fernández, presidente do Banco de Alimentos de Araba; e Miryam Oca, xerente de Relacións Externas de Mercadona en Euskadi. Oca agradeceu ao Banco de Alimentos “o seu labor diario para combater a pobreza” así como “que nos brinden a oportunidade de colaborar con eles para axudar aos que máis o necesitan e demostrar que somos unha empresa socialmente responsable”. Pola súa parte, Fernández agradeceu “a colaboración de Mercadona hoxe e a diario, que nos permite seguir desenvolvendo o noso traballo altruísta”.

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta colaboración co Banco de Alimentos de Araba, tamén colabora diariamente co comedor social Nuestra Señora de los Desamparados de Vitoria-Gasteiz e cos Bancos de Alimentos de Bizkaia e Gipuzkoa. Estas colaboracións superaron, o ano pasado, os 921.000 quilos de alimentos doados en Euskadi.

Miryam Oca, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Euskadi, e Daniel Fernández, presidente do Banco de Alimentos de ArabaMiryam Oca, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Euskadi, e Daniel Fernández, presidente do Banco de Alimentos de Araba.

Mercadona en Euskadi

Mercadona ten 18 tendas en Euskadi: 5 en Vitoria-Gasteiz (Araba/Álava), tres en Bilbao, unha en Barakaldo, Basauri, Santurtzi, Berango e Leioa (Bizkaia); e unha en Irun, Eibar, Oiartzun, Donostia / San Sebastián e Elgoibar (Gipuzkoa). O seu cadro de persoal está composto por 1.640 persoas, con emprego estable e de calidade. Iniciou a segunda fase da construción do seu bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz, que abastece os supermercados de Euskadi, Navarra, La Rioja, Cantabria e Burgos. Para iso, investiu 56 millóns de euros, en 2018, destinados a poñer en marcha a área de conxelados e a iniciar a construción dunha planta de elaboración de pan e unha nova nave de secos, totalmente automatizada. Outro feito que demostra a aposta de Mercadona por Euskadi son os 442 millóns de euros en compras realizadas a provedores vascos en 2018, o que supón un incremento do 4,5% respecto ao ano anterior, así como o investimento de 73,5 millóns de euros.

Banco de Alimentos de Araba

O Banco de Alimentos de Araba loita contra a fame no territorio alavés dende 1998. Para iso recolle alimentos gratuitamente, selecciónaos e recíclaos. Así logra loitar contra o desperdicio de alimentos e coida o medio ambiente. En 2018 os 61 voluntarios do Banco de Alimentos de Araba distribuíron, a través de 51 entidades colaboradoras, un total de 1.853 toneladas de alimentos a 4.194 persoas.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos provedores totalers a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 170 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 33 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.