Responsables da Cruz Vermella e Mercadona en Cataluña nun momento da doazón

Mercadona entrega 28.200 unidades de lentella cocida á Cruz Vermella en Cataluña

03 de xullo de 2020
  • Mercadona reforzou o seu compromiso solidario con Cataluña, incrementando as doazóns a consecuencia da situación derivada da crise sanitaria ata os 950.000 quilos dende o 1 de xaneiro e ata o momento, o que representa máis dun 30 % respecto ao mesmo período de 2019.
  • Durante a pandemia, a Cruz Vermella distribuíu máis de 1,5 millóns de quilos de alimentos e realizou 144.000 entregas de produtos de primeira necesidade a 223.000 persoas en Cataluña.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fixo efectiva hoxe a entrega de 28.200 unidades de lentella cocida (o que equivale a 16.000 quilos) á Cruz Vermella en Cataluña.

A nova doazón realizada hoxe á Cruz Vermella forma parte das que a compañía está levando a cabo a varias entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña a consecuencia da situación derivada da COVID-19. En total, dende o 1 de xaneiro e ata o momento, entregou 950.000 quilos de alimentos, tanto secos como frescos, e artigos de hixiene persoal á Cruz Vermella, aos bancos de alimentos de Barcelona, Tarragona, Lleida e Girona, ao banco de produtos non alimentarios La Nau e a 35 comedores sociais, entre outros. Dos 950.000 quilos doados no que vai de ano, 670.000 corresponden aos meses de abril, maio e xuño, período no que incrementou as doazóns para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas dos colectivos máis necesitados.

O 14 de maio, Mercadona xa fixo efectiva unha primeira entrega de 15.500 quilos de lentella cocida á Cruz Vermella. Neste sentido, o presidente da Cruz Vermella en Cataluña, Josep Quitet, quixo poñer de manifesto que "con esta segunda doazón de legumes de Mercadona á Cruz Vermella, reforzaremos a distribución dun produto que achega proteína vexetal, que é saudable, equilibrada e idónea de cara ao verán para as persoas e as familias que, por causas sobrevidas, quedaron sen ingresos debido ao coronavirus."

Pola súa parte, o director de Relacións Externas de Mercadona en Catalunya, Bernat Morales, agradeceu "o traballo que están levando a cabo as entidades sociais como a Cruz Vermella" e puxo de manifesto que "con esta nova doazón realizada hoxe estarán entregados 950.000 quilos de alimentos e artigos de hixiene persoal a diversas entidades e organizacións benéficas de Cataluña en pouco máis de seis meses, o que representa máis dun 30 % máis respecto ao mesmo período do ano 2019".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración coa Cruz Vermella, os 4 bancos de alimentos de Cataluña e outras entidades sociais, a cadea de supermercados tamén doa produtos a 35 comedores sociais de Cataluña. A doazón realízase diariamente, de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que entrega os produtos nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan preparar as comidas diarias.

De feito, durante 2019, a compañía doou a estas entidades e organizacións sociais de Cataluña máis de 1.478 toneladas de alimentos, equivalentes a case 25.000 carros da compra. Este compromiso solidario tamén se reforzou no que vai de ano a consecuencia da situación derivada da crise sanitaria, á que a compañía respondeu cun incremento das doazóns de máis dun 30 % respecto ao mesmo período do ano anterior, ata chegar ás 950 toneladas doadas de produtos de primeira necesidade, tanto alimentos como artigos de hixiene persoal, dende o 1 de xaneiro e ata o momento.

A resposta integral e coordinada da Cruz Vermella

Dende o inicio da crise, a mediados de marzo, e ata finais de xuño, un equipo de 6.382 persoas voluntarias e técnicas da Cruz Vermella distribuíu máis de 1,5 millóns de quilos de alimentos e realizou 144.395 entregas de produtos de primeira necesidade, como medicamentos, equipos hixiénicos ou roupa, ás 222.042 persoas en risco de exclusión social atendidas en máis de 150 municipios cataláns.

Cabe destacar moi especialmente as máis de 4.500 novas solicitudes de incorporación como voluntariado, en especial de mozos estudantes, parados ou afectados por ERTE neste período da pandemia, 3.200 das cales xa se fixeron efectivas.

Neste momento económico e social excepcional, a Cruz Vermella está reforzando as alianzas público-privadas para dar resposta ao notable incremento da demanda de produtos de primeira necesidade respecto á situación anterior á pandemia.

De feito, nesta crise provocada pola COVID-19, conseguíronse máis de 245 colaboracións empresariais -3.800 en todo o Estado-, ben sexan doazóns de produtos (148 empresas), achegas económicas (62) ou colaboracións doutras tipoloxías (35), como a cesión de espazos, de vehículos ou de maquinaria industrial.

Responsables da Cruz Vermella e Mercadona en Cataluña nun momento da doazónResponsables da Cruz Vermella e Mercadona en Cataluña nun momento da doazón.

Doazón de Mercadona á Cruz Vermella en CataluñaDoazón de Mercadona á Cruz Vermella en Cataluña.

Logo EActiVate