Jesús Mediavilla, presidente da Fundación Banco de Alimentos de Valladolid e Laura del Palacio, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Valladolid

Mercadona entrega 20.000 quilos de produto ao Banco de Alimentos de Valladolid

31 de agosto de 2021
  • A compañía afianza a súa colaboración coa entidade entregando produtos de primeira necesidade tales como aceite, conservas de peixe e carne.
  • Mercadona mantén o seu compromiso con diversas entidades sociais e benéficas de toda a rexión entregando produto diariamente a 38 comedores sociais.
  • Mercadona doou o ano pasado na rexión un total de 1.437 toneladas de alimentos, o equivalente a 24.000 carros da compra, un 35 % máis que o ano anterior.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, a compañía, que xa doou durante 2020 máis de 1.437 toneladas de produtos de primeira necesidade a diferentes entidades sociais da rexión, fixo entrega á Fundación Banco de Alimentos de Valladolid de 20 toneladas de alimentos de primeira necesidade para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo. A entrega tivo lugar hoxe nas naves que a entidade social ten situadas no polígono de Argales en Valladolid.

Laura del Palacio, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Valladolid, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Valladolid e provincia. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos atravesando”.

Por outro lado, Jesús Mediavilla, presidente da Fundación Banco de Alimentos de Valladolid agradece o labor da compañía afirmando que “un ano máis e neste de forma especial pola COVID-19 e tantas persoas necesitadas, Mercadona segue sendo unha empresa solidaria. O meu agradecemento en nome de todos os voluntarios desta Fundación pola súa xenerosidade nestes tempos difíciles nos que hai tanta necesidade”.

Mercadona incrementou en 2020 as súas doazóns de produto respecto ao ano anterior, un 35 % máis, o equivalente a 24.000 carros da compra, a través da colaboración con máis de 38 comedores sociais de toda a rexión, ademais das diferentes sedes de Banco de Alimentos, a Cruz Vermella ou Cáritas Diocesana onde a compañía está presente.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética e a redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca xunto cos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos.

Jesús Mediavilla, presidente da Fundación Banco de Alimentos de Valladolid e Laura del Palacio, Directora de Relacións Externas de Mercadona en ValladolidJesús Mediavilla, presidente da Fundación Banco de Alimentos de Valladolid e Laura del Palacio, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Valladolid.