E. Alonso (Banco de Alimentos das Comarcas de Tarragona) e B. Feced (Mercadona) nun momento da doazón realizada hoxe

Mercadona entrega 10.000 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona

16 de xullo de 2020
  • En total, dende o 1 de xaneiro e ata o momento, a compañía entregou 1.030.000 quilos de alimentos e artigos de hixiene persoal a diversas entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña, o que representa un incremento de máis do 30 % respecto ao mesmo período de 2019.
  • Reforza o seu compromiso solidario con Cataluña incrementando as doazóns a consecuencia da situación derivada da crise sanitaria.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fixo efectiva hoxe a entrega de 10.000 quilos de produtos de primeira necesidade, como lentella cocida (11.910 unidades) e arroz (2.520 unidades), ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona.

Os pasados 26 de maio e 9 de xuño, Mercadona xa fixo efectivas dúas entregas de 13.500 litros de leite enteiro e de 11.390 quilos de legumes cocidos ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona. Tamén cabe engadir que entrega diariamente alimentos aos comedores sociais tarraconenses cos que colabora habitualmente. De feito, no que vai de ano, a cadea de supermercados doou 231.000 quilos de produtos de primeira necesidade a varias entidades sociais de Tarragona.

A nova doazón realizada hoxe ao Banco de Alimentos forma parte das que a compañía está levando a cabo en Cataluña a consecuencia da situación derivada da COVID-19. En total, dende o 1 de xaneiro e ata o momento, entregou máis dun millón de quilos (concretamente 1.030.000) de alimentos, tanto secos como frescos, e artigos de hixiene persoal aos bancos de alimentos de Barcelona, Tarragona, Lleida e Girona, á Cruz Vermella de Cataluña, ao banco de produtos non alimentarios La Nau e a 35 comedores sociais, entre outros. Da cantidade doada de 1.030.000 quilos, aproximadamente 750.000 quilos corresponden aos meses de abril, maio e xuño, período no que incrementou as doazóns para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas dos colectivos máis necesitados. Os produtos doados foron leite, legumes, arroz, pasta, carne e peixe fresco envasado, froita e verdura, iogures e sobremesas lácteas, pan de molde, cereais e zumes e batidos refrixerados, entre outros. En canto aos artigos de hixiene persoal, doáronse xampús e desodorizantes para adultos, así como chupetes e mordedores para bebés.

Neste sentido, o presidente do Banco de Alimentos, Eusebio Alonso, quixo poñer de manifesto que "estamos moi agradecidos por esta nova doazón de Mercadona, produtos de primeira necesidade que dende hoxe mesmo se repartirán ás entidades sociais do territorio". Engadiu que "accións coma esta demostran o compromiso da cadea de supermercados para contribuír a paliar as graves consecuencias da COVID-19 e son o espírito que move ao Banco de Alimentos nun momento moi complexo no que a necesidade alimentaria aumentou nun 40 % no territorio". 

Pola súa parte, a directora de Relacións Externas de Mercadona en Tarragona, Beatriz Feced, agradeceu "o traballo que están levando a cabo as entidades sociais como o Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona" e puxo de manifesto que "con esta nova doazón realizada hoxe lévanse entregados máis dun millón de quilos de alimentos e artigos de hixiene persoal a diversas entidades e organizacións benéficas de Cataluña no que vai de ano, o que representa un incremento de máis dun 30 % respecto ao mesmo período de 2019, co obxectivo de axudar a paliar, na medida do posible, as demandas dos colectivos máis desfavorecidos".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración cos 4 bancos de alimentos de Cataluña e outras entidades sociais, a cadea de supermercados tamén doa produtos a 35 comedores sociais de Cataluña, 6 deles das comarcas de Tarragona. A doazón realízase diariamente, de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que entrega os produtos nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan preparar as comidas diarias.

De feito, durante 2019, a compañía doou a estas entidades e organizacións sociais de Cataluña máis de 1.478 toneladas de alimentos, equivalentes a case 25.000 carros da compra. Este compromiso solidario tamén se reforzou no que vai de ano a consecuencia da situación derivada da crise sanitaria, á que a compañía respondeu cun incremento das doazóns de máis dun 30 % respecto ao mesmo período do ano anterior, ata chegar ás 1.030 toneladas doadas de produtos de primeira necesidade, tanto alimentos como artigos de hixiene persoal, dende o 1 de xaneiro e ata o momento.

E. Alonso (Banco de Alimentos das Comarcas de Tarragona) e B. Feced (Mercadona) nun momento da doazón realizada hoxeE. Alonso (Banco de Alimentos das Comarcas de Tarragona) e B. Feced (Mercadona) nun momento da doazón realizada hoxe.

Logo EActiVate