Logo na fachada dun supermercado Mercadona

Mercadona, en colaboración co Banco de Alimentos de Madrid, entrégalle produtos ao hospital de campaña de Ifema

27 de marzo de 2020
  • A compañía puxo a disposición do hospital produtos de primeira necesidade como auga, zumes, leite ou batidos para colaborar na excepcional situación ocasionada polo Covid-19.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, quixo nesta situación de excepcionalidade que se está vivindo na Comunidade de Madrid, mostrar a súa solidariedade con todos aqueles que se encontran nestes momentos no hospital de campaña, habilitado en Ifema para facer fronte á alerta sanitaria provocada pola expansión do coronavirus.

A empresa puxo a disposición do hospital produtos de primeira necesidade, e en envases individuais para facilitar a súa distribución entre todos aqueles que se encontran na actualidade neste centro de campaña. Mercadona, dentro da súa responsabilidade como empresa, quixo mostrar o seu compromiso con todos aqueles que están neste centro, nun momento especialmente complicado para todos os madrileños, no que a pandemia está incidindo con especial virulencia na Comunidade de Madrid.

Desta maneira fíxose entrega de bebidas como auga, batidos, leite ou zumes, ademais doutros produtos como froita deshidratada ou barriñas enerxéticas, das que poden dispoñer xa nestes días todos aqueles que se encontren alí. A compañía quere dar resposta e axudar a paliar no posible a situación de extraordinaria complexidade que se está vivindo e tender unha man nestes momentos a todos aqueles que a están sufrindo e que se encontran en Ifema, onde se está instalando este hospital.

Esta acción súmase a todas as que nos últimos días a empresa puxo en marcha en toda España, destinadas tanto a protexer a saúde dos seus traballadores como a garantir o abastecemento das tendas e tamén velar nesta situación polos colectivos máis desfavorecidos, dando preferencia nas súas compras a persoas maiores ou con discapacidade, e tamén a persoal sanitario, forzas de seguridade, bombeiros ou persoal de atención social.

Así mesmo, e co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos, Mercadona reactivou as doazóns de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Banco de Alimentos de Madrid, cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

 

ISTO NON TEN QUE PARAR. RACIONALICEMOS O MEDO. ISTO PASARÁ.

Isto NON ten que PARAR. Racionalicemos o medo