Traballadoras e traballadores de Mercadona

Mercadona: empresa máis atractiva do sector da distribución para atraer e reter o talento

15 de marzo de 2024
  • Na 18.ª edición de Merco Talento, Mercadona é recoñecida como a mellor empresa do sector en España para traballar.
  • O Monitor Español de Reputación Corporativa (Merco) inclúe a compañía no top 10 de mellor xestión dos equipos de RRHH.

Mercadona volveu ser recoñecida como mellor empresa do sector da distribución xeralista para atraer e reter talento, e a oitava nunha clasificación global que pon en valor a xestión de equipos de RRHH. A compañía ocupa estas posicións na clasificación de Merco Talento do Monitor Español de Reputación Corporativa, un dos principais monitores empresariais de reputación corporativa de referencia en España e Latinoamérica dende 2006.

Para a elaboración da clasificación realizáronse máis de 50.000 enquisas a través de 11 fontes: catedráticos, expertos, responsables de RRHH, traballadores e universitarios, entre outros. Nelas, avaliáronse a xestión das traballadoras e traballadores e as diferentes dimensións reputacionais que teñen que ver co talento, tendo en conta a percepción de todos os colectivos sobre a capacidade das empresas á hora de captar e reter o talento. Con iso, Merco recoñece as 200 empresas máis atractivas para traballar en España.

Unha familia de + 100.000: contratos fixos e de calidade

Mercadona móstrase moi orgullosa dos resultados obtidos, que levan consigo o recoñecemento á súa familia de máis de 100.000 traballadoras e traballadores.

Consciente de que as traballadoras e os traballadores son o mellor activo dos clientes e esenciais para o crecemento empresarial, Mercadona avoga por un emprego estable e de calidade, con soldos por enriba da media do sector.

Así mesmo, a política de recursos humanos de Mercadona aposta pola formación, a proxección profesional e o impulso ao talento. En 2023, a compañía destinou 110 millóns de euros a consolidar e mellorar as habilidades e os coñecementos do seu cadro de persoal; e, 2.221 traballadoras e traballadores foron ascendidos a postos de maior responsabilidade.