Resultados Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (Merco) Empresas e Líderes 2023

Mercadona, empresa con mellor reputación do sector e segunda a nivel xeral

28 de xuño de 2023
  • O Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (Merco) publicou os resultados da “Clasificación Xeral de Empresas 2023”, situando a Mercadona como a empresa con mellor reputación do sector e a segunda a nivel xeral.
  • O presidente de Mercadona, Juan Roig, repite como líder con máis reputación da “Clasificación Xeral de Líderes 2023”.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, encóntrase entre as empresas de España con maior reputación segundo a “Clasificación Xeral de Empresas 2023”, elaborada polo Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (Merco). En concreto, a compañía ocupa a segunda posición e a primeira na categoría de Distribución Xeralista.

Ademais, a publicación destes resultados coincide coa presentación da “Clasificación Xeral de Líderes 2023”, onde o presidente de Mercadona, Juan Roig, mantén o liderado por quinto ano consecutivo.

Uns resultados dos que a compañía se mostra moi orgullosa e agradece a Merco o gran labor que realiza para detectar os puntos de mellora e seguir traballando en melloralos cada día co obxectivo de “ser una empresa que a sociedade queira que exista e sinta orgullo dela”.

Sistema de valoración de reputación

Para a elaboración destas clasificacións, Merco contou coa participación de máis de 53.000 persoas de distintos ámbitos. Entre elas encóntranse directivos de empresas, analistas financeiros, catedráticos, asociacións de consumidores, ONG, sindicatos, xornalistas, influentes e cidadáns.

Estas persoas valoran as diferentes empresas e líderes incluídos nunha listaxe preliminar segundo variables reputacionais relacionadas cos resultados económicos, a calidade da oferta comercial, o espírito innovador, a xestión de talento, o comportamento ético, e a responsabilidade e reputación corporativa.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (Merco)

Merco (Monitor Empresarial de Reputación Corporativa) é un dos monitores corporativos de referencia en España e Latinoamérica. Dende o ano 2000 avalía a reputación das empresas, baseándose nunha rigorosa metodoloxía. Ademais, non recibe subvención ou patrocinio nin público nin privado; a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.